Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A VI BTT da Eurocidade celebrarase este domingo con máis dun milleiro de participantes

Como en anos anteriores, a proba, que discorrerá por Tui e Valença, contará cun percorrido de 46 quilómetros e outro máis longo de 73.

Como en anos anteriores, a proba, que discorrerá por Tui e Valença, contará cun percorrido de 46 quilómetros e outro máis longo de 73.

Fecha: 11 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

Na mañá do venres presentouse na casa do Concello de Tui a VI BTT Eurocidade que se celebrará o domingo 12 de marzo ás 9:00 (hora española). No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Ángel Capón, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, o director técnico da BTT, Eduardo Fernández, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

O rexedor tudense, Enrique Cabaleiro, destacou a importancia dun evento como este para potenciar "o entorno paisaxístico e cultural de Tui e Valença" e fixo un chamamento aos veciños e veciñas para participar tamén na proba e acudir como público para desfrutar do espectáculo ciclista. Precisamente como novidade, este ano a Corredoira contará cun percorrido de obstáculos e en zig-zag para facela máis atractiva para os espectadores que se acheguen en torno ás 10:00 horas da mañá.
 






Como en edicións anteriores, non ten carácter competitivo e contará con dous percorridos, dependendo da dificultade, un de 46 km e outro de 73 km. A saída será as 9:00 (hora española, 8:00 portuguesa) dende o Paseo da Corredoira de Tui cunha duración máxima de 6 horas. Trátase, en palabras do director da proba, Eduardo Fernández, dunha das "máis importantes e novidosas de toda Galicia".

O percorrido será polas diferentes rúas, pistas e camiños de Tui e Valença. A primeira parte do circuíto irá dende o Paseo da Corredoira de Tui ao Monte Aloia, para descender cara ao centro de Tui novamente e dirixirse ao Conxunto Histórico. Despois, o circuíto virará cara a Vella Ponte Internacional para subir ao Monte Faro de Valença, cunha impresionante subida do 22% de desnivel. De volta a Tui, no quilómetro 45, a ruta curta separarase da mais longa. Os participantes do percorrido de 73 quilómetros irán cara Rebordáns para volver subir ao Monte Aloia. Para poder realizar esta segunda parte, os inscritos deben pasar polo punto de corte antes das 12:30 (hora española).

Esta marcha cicloturista busca por tanto fomentar o contacto coa natureza e co patrimonio histórico da Eurocidade, segundo apuntou o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso.

Para participar, os interesados deben anotarse a través da páxina web biciosos.es, existindo dous prazos para facelo. Até o 26 de febreiro o custe é de 5€, e do 27 de febreiro ao 6 de marzo será de 8€. A idade mínima para participar é de 18 anos ou 16 con permiso paterno/materno que deberán aportar por escrito. Co obxectivo de garantir a seguridade da proba existe un límite máximo de 1.200 prazas.

O custe da inscrición inclúe seguro de accidentes e de responsabilidade civil, camisola técnica co logotipo da Eurocidade, lavado da bicicleta, uso de duchas con auga quente, aparcamento, ruta de sendeirismo gratuíta de 10 quilómetros dirixida por membros do Club AndaTui Rego da Pedra para os acompañantes e avituallamentos. Os que realicen a ruta de 73 km recibirán así mesmo unha medalla personalizada.

Unha vez rematada a marcha, todos aqueles que o desexen poden recuperar folgos cunha comida de porco ao espeto no novo pavillón de Tui. O custe é de 7€ e inclúe tres boliños de porco ao espeto e bebida. Tamén debe reservarse previamente na web biciosos.es. Organiza a Eurocidade Tui-Valença en colaboración coa Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones