Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A VOCEIRA DO PARTIDO POPULAR DA GUARDA, CONCHI ORTEGA, FORMA PARTE DA CANDIDATURA DE PONTEVEDRA AO SENADO

Sei que o meu traballo nesta candidatura, e despois cos compañeiros que obteñan acta no congreso e no senado, será defender os intereses do Baixo Miño

Sei que o meu traballo nesta candidatura, e despois cos compañeiros que obteñan acta no congreso e no senado, será defender os intereses do Baixo Miño

Fecha: 21 de Noviembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

Conchi Ortega, voceira do Partido Popular da Guarda, forma parte da candidatura que os populares presentan ao senado nas próximas eleccións xerais do 20 de decembro. Onte participou na presentación da lista en Pontevedra, na que tamén estiveron o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, e o presidente rexional, Alberto Núñez Feijoo.

Conchi Ortega forma parte dunha candidatura renovada nun 70% só nos candidatos titulares e que conta con representación de todas as comarcas da provincia. A voceira da Guarda manifesta a súa satisfacción por formar parte desta lista, e o seu compromiso para seguir traballando por A Guarda e o Baixo Miño. "Quero agradecer que o partido confiase en min e que tivese presente á Guarda e ao Baixo Miño para formar parte desta candidatura, pero tamén que tivese en conta o traballo realizado polo grupo municipal popular, e de moitos militantes guardeses que colaboran cada día coa nosa labor na corporación".

Recoñece que aceptou esta proposta porque "todos debemos colaborar e comprometernos para dar un paso máis cara a recuperación económica, e non tres pasos para atrás. Pero sobre todo aceptei porque sei que o meu traballo nesta candidatura, e despois cos compañeiros que obteñan acta no congreso e no senado, será defender os intereses do Baixo Miño".

Conchi Ortega forma parte dunha candidatura liderada por Ana Pastor, como número 1 ao congreso, "unha ministra que cumpriu cos investimentos en Pontevedra, e sobre todo co Ave". Nesta liña, engade que "é para min un orgullo formar parte dunha lista formada por mulleres da talla de Pastor, de Irene Garrido, presidenta do ICO; Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia; ou Marta Lucio, directora do Museo do Mar de Vigo. Eu non creo nas cuotas, pero si en que as mellores deben de estar liderando a nosa candidatura, e neste caso ninguén pode poñelo en dúbida".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí