Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XIV andainatudense 2017 terá lugar o 13 de Maio

O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2? ó colexio San Xerome Emiliani.

O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2? ó colexio San Xerome Emiliani.

Fecha: 07 de Febrero de 2017

Fuente: Anda Tui Rego da Pedra

O vindeiro 13 de maio ás 10:30 sairemos do Centro Interfederado ó carón do “Pai Miño”, o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos, para recorrer 26 qm. aproximadamente.

Seguiremos polo paseo do río Miño ata o San Martiño nas Bornetas. Pasaremos por Randufe, Anta, polos petroglifos do Alto do Coello ás 12:00, para subir ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.

Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar a Cova da Trapa ás 17:00, Ribadelouro, dirección á Ponte das Fevres, o camiño portugués cara a saída.

Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.






Indicarvos que os puntos de control indicados antes son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.

O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.

-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

DATA LÍMITE : 11 DE MAIO ÁS 24:00

Inscríbete aquí antes do 11 de maio.

Percorrido da XIV Andaintaudense: (próximamente)

-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500 
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 09.00h ás 10.00h (Prégase puntualidade)
10,5 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
15,5 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .

¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control.
-SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto.
* COMO SE CHEGA E ONDE SE APARCA (clic aquí).

-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:

· Quilómetro   5: líquido

· Quilómetro   8: líquido e froita

· Quilómetro 12: líquido

· Quilómetro 21: líquido

-DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas.
ACTIVIDADE DE CLAUSURA:

· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.

· Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.

· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.

* Tódol@s participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada.
* Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia.
* Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas.
* Tódol@s menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada.
* Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:

· Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.

· Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.

· Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones