Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta activa un programa integrado para desempregados no Concello de Tui

José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que 100 desempregados do concello de Tui beneficiaranse dun novo programa integrado para desempregado

José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que 100 desempregados do concello de Tui beneficiaranse dun novo programa integrado para desempregado

Fecha: 06 de Noviembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,destacou esta mañá que 100 desempregados do concello de Tui beneficiaranse dun novo programa integrado para desempregados que pon en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Deste xeito, o programa, que acaba de comezar este mesmo mes, favorecerá aos veciños deste concello, cun investimento de 250.000 euros. Os alumnos procederán das Oficinas de Emprego, e o control e seguimento dos cursos será responsabilidade da administración autonómica.

Deste xeito, a Xunta porá en marcha nas próximas semanas na provincia de Pontevedra un total de 11 programas integrados de emprego, dos cales 13 son de concellos (un deles conformado por cinco municipios), un da Mancomunidade do Salnés e outro da Fundación Cultural da Estrada. Cada curso beneficiará a 100 participantes. O orzamento para toda a provincia de Pontevedra supera os 2,5 millóns de euros.

Tal e como explicou o delegado territorial, os programas integrados de emprego, que teñen uno ano de duración, "están enfocados a mellorar a ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus participantes, é dicir, máis de 1.300 en toda Galicia". Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.

A actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos empregos.

O Goberno galego, a través desta folla de ruta, vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas como son os cursos de formación, os obradoiros, as lanzadeiras de emprego ou a iniciativa Formación á porta para cualificar a mozos e mozas do rural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones