Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA AMPLÍA A 200 MBPS A VELOCIDADE DE CONEXIÓN DO IES SAN PAIO DE TUI

É unha das actuacións previstas no marco do novo contrato de telecomunicacións da Xunta, que entrou en vigor este ano

É unha das actuacións previstas no marco do novo contrato de telecomunicacións da Xunta, que entrou en vigor este ano

Fecha: 03 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de ampliar a 200Mpbs a velocidade de conexión a Internet do IES San Paio de Tui (Pontevedra). Grazas a esta mellora o centro, que contaba cunha liña de 8Mpbs, terá un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

O IES San Paio é un dos máis de 2.300 centros de servizos públicos beneficiados polas melloras previstas no novo contrato de telecomunicacións da Xunta, que entrou en vigor este ano. Durante tres anos a Administración autonómica incrementará, en máis dun triple de media, o ancho de banda de 1.014 centros da área de Educación, 119 de servizos sociosanitarios e 45 sedes xudiciais. Máis da metade dos 2.300 centros nos que se realizarán melloras contarán con conexións a internet de 100 ou 200 Mbps.

A día de hoxe máis de 250 centros educativos contan con conexións de 100 ou 200 Mpbs e desde 2009 as actuacións impulsadas pola Xunta permitiron multiplicar por catro a velocidade media de conexión dos centros educativos dependentes da Administración autonómica. Así, en 2009 a velocidade media situábase en 5,6 Mbps fronte aos 20,5 Mbps de hoxe.

Plan de Banda Larga 2020
Os despregamentos de infraestruturas de telecomunicacións realizados pola Xunta nos últimos cinco anos, permitiron universalizar o acceso á banda larga de cando menos 2Mbps e que a metade da poboación dispoña da posibilidade de acceso a redes de nova xeración de ata 200Mbps.

Sen embargo a rápida evolución das tecnoloxías require, ademais dunha cobertura universal, velocidades de banda larga moito máis elevadas para garantir o acceso e o emprego de novos e cada vez máis sofisticados servizos dixitais.

Por iso, o Goberno autonómico vén de aprobar o Plan de Banda Larga 2020 para garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.

A principios de 2016 abrirase a primeira convocatoria pública para incentivar os despregamentos de redes de 100Mbps co obxectivo de que no 2020 dispoñan deste servizo todos os núcleos de máis de 500 habitantes, o 60% da poboación da Comunidade

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones