Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta aproba o decreto de axudas para os afectados pola explosión pirotécnica de Tui

Destaca que se contemplan axudas para os nenos que quedaron orfos, para o realoxo dos afectados que o precisen, para a rehabilitación ou a construción de novas vivendas e para a mobilidade temporal dos afectados

Destaca que se contemplan axudas para os nenos que quedaron orfos, para o realoxo dos afectados que o precisen, para a rehabilitación ou a construción de novas vivendas e para a mobilidade temporal dos afectados

Fecha: 01 de Junio de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do decreto que declara a emerxencia pola situación de catástrofe humanitaria e convoca as ordes de axudas excepcionais.

Durante a súa intervención, Feijóo incidiu en que, desde o primeiro momento, o obxectivo da Xunta foi intentar contribuír e sumar forzas co resto das administracións para paliar os efectos deste suceso en todas as frontes. Primeiramente, atendendo ás persoas afectadas e, hoxe, son catro as persoas que continúan hospitalizadas -tres no Hospital Álvaro Cunqueiro e outra en Povisa-; e proporcionando atención psicolóxica a todos os que perderon as súas casas total ou parcialmente.

Unha vez ordenada esta atención máis inmediata, subliñou que o Goberno galego segue a valorar a mellor resposta posible para os dous menores que quedaron orfos. Unha resposta que se está avaliando, tal e como corresponde, entre os servizos de menores da Xunta -que é quen ten a tutela actualmente- e os familiares que lles quedan en España.

Se ben a recuperación da aldea de Paramos está moi condicionada, sobre todo nestas primeiras semanas, polo traballo xudicial que se está a levar a cabo na zona cero, o responsable do Executivo autonómico aseverou que os afectados están sendo puntualmente informados de todos os avances, a través da oficina de atención que se constituíu en Guillarei desde o primeiro día, no que están tanto traballadores sociais e técnicos de urbanismo, e no que se incorpora tamén desde hoxe, con carácter estable, persoal do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Así, a través desta oficina, os afectados van coñecendo tanto os pasos que se están a dar na zona afectada, como as axudas que se van a poñer a súa disposición e que, no caso da Xunta, xa se comezaron a tramitar. Trátase de que os afectados poidan acceder ás axudas coas máximas facilidades e o antes posible.

Como sinalou o máximo responsable autonómico, coa aprobación do decreto, o Goberno galego activa o mecanismo para que os afectados poidan dispoñer de axudas directas, procurando que non teñan que adiantar os cartos, e coa mínima documentación, precisou, subliñando, en primeiro lugar, axudas para os fillos dos falecidos.

En segundo lugar, referiuse ás axudas para o realoxo nos casos que sexa necesario, destinadas a custear o aloxamento provisional daquelas persoas que o necesiten, con 450 euros ao mes para alugueiro, durante un prazo de 2 anos; e ata 600 euros adicionais para facer fronte aos gastos de alta do alugueiro, subministracións e fianza. Para acceder a este alugueiro, unicamente deberán presentar un certificado do Concello indicando que foron afectados pola explosión.

Como terceiro punto, resaltou o financiamento tamén da mobilidade temporal dos afectados. E avanzou axudas directas para a construción das vivendas destruídas: 110.000 euros para casas habituais, cun 15% máis para afrontar gastos de reposición do enxoval, polo que a axuda ascendería a 125.000 euros, e 44.000 euros no caso de vivendas ocasionais e un 5% para gastos de enxoval, polo que ascendería a 46.000 euros.

Nestes casos, os afectados deberán ceder as súas accións legais á Xunta para que o Goberno galego poida repercutir á aseguradora directamente ou, no caso de inexistencia de seguros, contra o propio causante do dano.

Para acceder a estas axudas, os beneficiarios só deben presentar certificado do Concello de Tui que acredite que son afectados por vivenda destruída. A cantidade a ingresar poderá servir para comprar vivenda noutro lugar.

Ademais, a Administración autonómica porá a disposición dos afectados subvencións directas para rehabilitar as vivendas, xa sexan reparacións de maior ou menor entidade. Trátase dunha axuda directa aos afectados, que contarán co ingreso unha vez presenten a documentación correspondente, que neste caso é unha memoria valorada.

Segundo destacou o presidente da Xunta, o decreto aprobado hoxe habilita xa unha partida de aproximadamente 5 millóns que se destinará exclusivamente a esa prioridade, que é a vivenda dos afectados.

Durante a rolda de prensa, Feijóo resaltou que, a maiores, o decreto tamén abre outros ámbitos de actuación, como: a reforma das dúas escolas unitarias que se viron afectadas pola explosión, que xa se iniciou; e a reconstrución de negocios, talleres e naves afectadas e doutras edificacións.

O presidente da Xunta concluíu apelando ao compromiso e implicación de todas administracións, incluídos o Concello, a Deputación e o Goberno central, para recuperar a aldea de Páramos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones