Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta asina o convenio que permitirá cofinanciar con fondos europeos a rehabilitación de tres vivendas destinadas a alugueiro social no Concello de Tui

Cun investimento estimado en 740.000 ?, dos que case un 81% se financiará con fondos propios da Comunidade e o resto, da UE, a actuación centrarase na recuperación dun inmoble propiedade do IGVS e localizado no número 20 da rúa Bispo Castañón

Cun investimento estimado en 740.000 ?, dos que case un 81% se financiará con fondos propios da Comunidade e o resto, da UE, a actuación centrarase na recuperación dun inmoble propiedade do IGVS e localizado no número 20 da rúa Bispo Castañón

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Diciembre de 2023

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta asinou hoxe co Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana o convenio que permitirá cofinanciar con fondos europeos a rehabilitación de 3 vivendas localizadas no número 20 da rúa Bispo Castañón, que se destinarán a alugueiro social entre os demandantes inscritos neste municipio no Rexistro único de vivendas protexidas.

O inmoble foi adquirido no seu día polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no marco do Programa Rexurbe e o investimento previsto para a execución das obras ascende a 740.541,18 euros. Desta contía, case o 81% (590.541,18 euros) financiarase con achegas propias da Xunta e o resto, serán fondos procedentes da Unión Europea.

Cómpre lembrar que todas as vivendas de nova construción ou rehabilitadas financiadas con fondos europeos no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia deberán destinarse a alugueiro a prezo regulado durante un prazo mínimo de 50 anos.

Ademais, a actuación prevista pola Xunta no concello de Tui enmárcase na Estratexia para o desenvolvemento de vivenda de promoción pública e impulso da vivenda protexida en Galicia, aprobada polo Goberno galego o pasado mes de marzo e cuxo principal obxectivo é incrementar nun 50% o actual parque público residencial ata chegar ás 5.600 vivendas no horizonte do ano 2026.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí