Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA ASINARÁ UN CONVENIO COA FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO PARA DISTRIBUÍR 1.000 CORTAVENTOS REFLECTANTES QUE FAGAN AOS DEPORTISTAS MÁIS VISIBLES NAS ESTRADAS

Ethel Vázquez sinala que os ciclistas son un colectivo de especial atención no Plan de seguridade viaria 2016-2020 da Xunta de Galicia, no que se recollen actuacións concretas para a súa protección

Ethel Vázquez sinala que os ciclistas son un colectivo de especial atención no Plan de seguridade viaria 2016-2020 da Xunta de Galicia, no que se recollen actuacións concretas para a súa protección

Fecha: 04 de Mayo de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta asinará proximamente un convenio de colaboración coa Federación Galega de Ciclismo para a distribución de, polo menos, 1.000 cortaventos reflectantes que contribúan á visibilidade destes deportistas nas estradas.

A titular de Infraestruturas do Goberno galego, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe nunha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, membros da Dirección Xeral de Tráfico, da Garda Civil e da Federación Galega de Ciclismo coa fin coordinar medidas de protección para estes usuarios das estradas.

Ethel Vázquez destacou que os cortaventos son a prenda máis axeitada para facilitarlles a práctica do deporte e a ela se incorporán toda as medidas que indiquen os técnicos para garantir que os deportistas sexan visibles na estrada.

Sinalou que os ciclistas foron un colectivo de especial atención no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 que acaba de aprobar a Xunta de Galicia e nel se recollen actuacións concretas que lles darán máis seguridade.

A conselleira avogou pola colaboración para avanzar na protección dos usuarios vulnerables das estradas a través do diálogo e contando cos expertos en seguridade viaria e con representantes dos deportistas, na procura de solucións de consenso que redunden no beneficio de todos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones