Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta cita o 27 de novembro aos titulares dos terreos necesarios para a construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, en Tui

Os propietarios dos terreos deben acudir 27 á casa consistorial, na praza do Concello 1, entre as 09:00h e as 14:00h

A nova glorieta permitirá maior visibilidade en todos os xiros, facilitando aos vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui o acceso cara á vía de entrada á depuradora

Fecha: 27 de Noviembre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta cita para o vindeiro día 27 de novembro aos titulares dos terreos necesarios para a construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, en Tui, para o pago de depósitos previos.

Tal e como vén de publicar esta semana o departamento de Infraestruturas da Xunta no diario provincial de Pontevedra, para a formalización das actas de ocupación os propietarios dos terreos deben acudir o vindeiro martes 27 á casa consistorial de Tui, na praza do Concello 1, entre as 09:00h e as 14:00h.

A Xunta financia esta actuación cun investimento máis de 245.000 euros, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria no treito que se corresponde coa estrada autonómica Guillarei- A Rañada (PO-404).

A intervención proxectada ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, no punto quilométrico 1+900 da estrada de titularidade autonómica, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial, mediante a execución dunha glorieta.

A intersección actualmente ten visibilidade reducida, polo que non se permiten os xiros para os vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui cara á vía de acceso á depuradora, polo que a construción da glorieta mellorará a seguridade viaria nese punto e servirá para permitir maior seguridade en todos os xiros no cruzamento.

A glorieta terá un diámetro exterior de 32 metros e deseñarase de xeito que permita a continuidade do itinerario peonil e ciclista existente na vía de acceso á depuradora. Para isto, na marxe dereita, construirase un carril bici de 2,5 metros e unha senda de 2 metros, que prolongarán a infraestrutura existente.

Esta actuación complementarase coa instalación dos elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada e coa iluminación da glorieta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones