Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA COLABORA COA FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO PARA REPARTIR ESTE VERÁN 1.000 CORTAVENTOS REFLECTORES

Vázquez Mourelle destaca que esta colaboración é froito do diálogo e da preocupación prioritaria do Goberno galego pola seguridade viaria

Salienta que a protección dos usuarios vulnerables das estradas é un obxectivo estratéxico do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 aprobado pola Xunta

Fecha: 19 de Mayo de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

 

 

A Xunta de Galicia colaborará coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectores destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar a súa seguridade. Ese é o obxecto do convenio que esta mañá asinou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, co presidente deste colectivo, Juan Carlos Muñiz, e que presentou como froito do diálogo e da preocupación prioritaria do Goberno galego pola seguridade viaria.

A titular de Infraestruturas concretou que a Xunta se compromete a facilitarlle á Federación Galega de Ciclismo un mínimo de 1.000 cortaventos reflectores, a prenda que os propios deportistas consideran adecuada para esta disciplina.

Trátase de cortaventos de cor amarelo con reflectores para garantir a visibilidade en situacións de menos luz e o obxectivo do acordo é que se poidan empezar a repartir este mesmo verán.


A conselleira de Infraestruturas salientou que a Xunta leva moito tempo traballando no desenvolvemento de medidas que incrementen a seguridade dos ciclistas, tanto deportivos como os que empregan a bicicleta para pasear ou para a súa mobilidade diaria. Aínda que se trata de colectivos con necesidades e riscos diferentes, dixo, todos eles forman parte do colectivo de usuarios vulnerables cuxa protección é obxecto de especial atención no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 que acaba de aprobar a Xunta de Galicia.

A conselleira avogou pola colaboración para avanzar na protección dos usuarios vulnerables das estradas a través do diálogo e contando cos expertos en seguridade viaria e con representantes dos deportistas, na procura de solucións de consenso.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones