Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA COLABORA CON 14 FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ENTRE ELAS AS DE SAN TELMO DE TUI

A Axencia de Turismo de Galicia busca así potenciar as manifestacións culturais que supoñen unha valoración da cultura e a tradición popular, como esta festa que ensalza a figura do patrón da cidade tudense

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou os case 48.500 euros que se destinarán á promoción e difusión destes eventos de gran atracción de visitantes

Fecha: 22 de Marzo de 2014

Fuente: www.xunta.es

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o apoio da Axencia de Turismo de Galicia as 14 Festas de Interese Turístico de Galicia de cara a súa promoción e difusión, entre as que se atopan as Festas de San Telmo de Tui.

Deste xeito, segundo se publicou esta mesma semana no Diario Oficial de Galicia, a Xunta destinou case 48.500 euros para estes fines aos concellos de A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Cuntis, Marín, Moraña, Ponte Caldelas, Redondela, Silleda, Soutomaior, Tui e Vila de Cruces.

"O obxectivo é potenciar as manifestacións culturais que supoñen unha valoración da cultura e tradición popular", explicou Cores Tourís, "como é o caso das festas de San Telmo de Tui que recibiu 3.500 euros para potenciar este evento".

A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, a do Salmón de A Estrada, a de San Miguel de Marín, a do Carneiro ao Espeto de Moraña, a da Troita de Ponte Caldelas e as de o Corpus Christi e a do Choco, ambas en Redondela, tamén obtiveron estas axudas fixadas en 3.500 euros por evento. As Festas da Ostra de Arcade en Soutomaior e a do Galo do Curral tamén se viron beneficiadas por estas subvencións, mentres que a da Empenada de Silleda recibiu 2.950 euros de cara a súa promoción e difusión.

Cores Tourís recordou que a Axencia de Turismo de Galicia considera que as festas que polas súas características e singularidades teñen un recoñecemento e prestixio a nivel autonómico son un recurso "que hai que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística e, por suposto, un incentivo para as economías locais".

No caso de San Telmo de Tui, o delegado territorial recordou que, ademais dos miles de devotos que asisten as festas do patrón tudense dende a propia cidade e o seu entorno, tamén se rexistra unha media de 10.000 asistentes procedentes dende as vilas próximas de Portugal.

As Festas patronais de San Telmo supoñen unha sucesión de festexos que se abren coa tradicional coroación das reinas das festas e inclúen actividades para tódalas idades. Celébranse, a maiores, actos relixiosos en honor de San Telmo, patrón dos navegantes e santo peregrino que faleceu en Tui cando facía o Camiño de Santiago. Destaca a procesión do santo, o último día das festas, na que participan numerosas confrarías.

Entre os eventos máis nomeados das Festas de San Telmo se atopa o Festival Popular do Meixón, unha festa gastronómica entorno ás apreciadas angulas do Miño e que ten lugar no Paseo da Corredoira. Tamén é moi coñecida a Feira Agrícola e Industrial do Baixo Miño.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones