Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta comeza a tramitación do decreto do deporte de alto nivel que contará con novos beneficios para os deportistas

Se fará extensible a adestradores, árbitros e xuíces

Se fará extensible a adestradores, árbitros e xuíces

Fecha: 27 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral para o Deporte, vén de iniciar o trámite de participación cidadá que debe desenvolver con carácter previo á elaboración do proxecto de decreto que desenvolverá ao deporte de alto nivel en Galicia. Deste xeito, a través desta consulta pública dáse cumprimento ao establecido no artigo 133 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo que obriga a compilar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas polos futuros regulamentos acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

O obxectivo é a regulación do deporte de alto nivel de Galicia e a creación e regulación da comisión de avaliación e seguimento, de xeito que os deportistas, adestradores, árbitros e xuíces galegos que adquiran este recoñecemento se vexan beneficiados por novas vantaxes no eido educativo, laboral ou económico, entre outros.

A administración debe poñer a disposición deste colectivo unha serie de medidas que permitan compatibilizar a alta esixencia persoal do deporte de alto nivel coa consecución dunha formación académica que lles abra, nun futuro, a porta do mercado laboral, precisando unha axuda dirixida a súa integración e orientación, tanto laboral como social. Deste xeito, é necesario que os poderes públicos outorguen a protección e asistencia ao deporte de alto nivel, non só mediante axudas económicas concretas, senón tamén mediante outra serie de medidas.

O artigo 5 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia establece, entre outras competencias que lle corresponden a administración autonómica, a de "regular e fomentar o deporte e os deportistas de alto nivel de Galicia e as categorías de deportistas, así como os requisitos para ser incluídos nestas e os seus beneficios". Así, o artigo 34 reflicte que "Terán a consideración de deportistas galegos de alto nivel, ou doutras categorías que se poidan establecer, aqueles deportistas que reúnan os requisitos establecidos regulamentariamente e sexan recoñecidos como tales pola Administración autonómica en función dos seus resultados, proxección, nivel deportivo, expectativas de progreso e interese para o deporte galego". Igualmente, o artigo 35 inclúe a posibilidade de ampliar o recoñecemento de alto nivel aos adestradores, árbitros e xuíces. No artigo 36 reflíctense os beneficios que pode levar dito recoñecemento, e contempla a posibilidade de "establecer regulamentariamente a condición vitalicia de Deportista galego de alto nivel para aqueles que se caracterizasen especialmente por elevar o nivel do deporte galego ou a representación deportiva de Galicia".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones