Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta concede un obradoiro de emprego para o Concello de Tui centrado no Camiño de Santiago

A Xunta mantén o seu compromiso cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais do tecido empresarial e investirá, en 2018, 5,2 millóns de euros na provincia de Pontevedra a través dos obradoiros duais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destaca que o Goberno galego inclúe nesta nova edición, como novidade, os obradoiros duais, que contan cun período de formación e un contrato laboral posterior

Fecha: 05 de Septiembre de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de conceder un obradoiro de emprego ao concello de Tui centrado no Camiño de Santiago.

En concreto, o Goberno galego destina un 25% máis que no período anterior para este tipo de iniciativas. En total, son 18 duais na provincia de Pontevedra nos que participarán 360 alumnos, cun investimento global por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria de case 5,2 millóns de euros.

O obradoiro do concello de Tui, denominado "Percorre Tui 2018", contará con 20 alumnos e unha aportación da administración autonómica de 288.807 euros. Estará vinculado ao Camiño de Santiago, é dicir, destinado á conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación. En concreto, este programa estará centrado na creación de varias rutas que unan as parroquias do concello de Tui e tomando como eixe o Camiño de Santiago, e dunha páxina web para a proxección do estudo e rutas elaboradas.

A principal novidade desta nova modalidade é que os participantes poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas de alomentos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro: "Trátase de combinar formación e aprendizaxe coa oportunidade dunha experiencia laboral", explicou Cores Tourís. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

Os obradoiros duais forman parte do compromiso da Xunta coa formación, xa que, segundo o delegado territorial, esta é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais. Así, o Goberno galego inviste este ano 135 millóns de euros en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, con cursos que se adapten aos novos perfís profesionais e ás demandas e necesidades reais do tecido empresarial.

"Con estes obradoiros cumprimos un dobre obxectivo: obter unha maior empregabilidade dos nosos desempregados e facilitar a recuperación do patrimonio cultural e paisaxístico", engadiu José Manuel Cores Tourís.

O delegado territorial destacou a importancia da colaboración institucional para contar cunha Comunidade máis competitiva e con máis capacidade para crear riqueza e insistiu en que o mellor exemplo son os Concellos emprendedores. Unha iniciativa paralela á Lei de implantación empresarial na que a administración autonómica e local colaboran para facilitar a tramitación administrativa, o acceso ao solo e para ofrecer unha mellor fiscalidade.

Os concellos adheridos obteñen prioridade nas axudas da Xunta destinadas a fomentar o emprego de calidade e a apoiar o emprendemento innovador, como o caso dos obradoiros de emprego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones