Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A xunta de goberno aproba a achega de 75.000 ? para a demolición do antigo edificio da Cam Fran en Tui

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Tui sitúase no 77%, o que supón un investimento na vila de 734.121,46 ?

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Tui sitúase no 77%, o que supón un investimento na vila de 734.121,46 ?

Fecha: 26 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a achega de 74.344,71 € ao concello de Tui destinados á demolición do edificio da Avenida de Concordia, entre redacción de proxecto e execución de obra. Esta axuda atópase dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 415.152,75 € na liña 1 para o acondicionamento e ampliación da edificación do futuro comedor escolar do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2, a reparación, realización de melloras e a conservación das instalacións deportivas municipais "Alcalde Álvarez Durán", a realización de diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo, a adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello, o subministro de mobiliario urbano, a restauración do palco da música no Cantón de Diomedes e a realización de obras no interior do pavillón da Macoca, así como 30.819 € na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a cabalgata de Reis e o Entroido) e financiamento dos programas de servizos municipais (a Escola de Música e o Conservatorio de Música) e 213.805 €, finalmente, na liña 4 -emprego- para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tui sitúase no 77,1% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila acada a cifra de 734.121,46 €.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones