Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta destina 200.000 euros para a adquisición de inmobles na área Rexurbe de Tui

O Goberno galego xa adquiriu catro inmobles para a súa rehabilitación como vivendas no caso vello de Tui e pretende continuar con esta iniciativa de reactivación residencial

O Goberno galego xa adquiriu catro inmobles para a súa rehabilitación como vivendas no caso vello de Tui e pretende continuar con esta iniciativa de reactivación residencial

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Julio de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, destina este ano unha partida de 200.000 euros para a adquisición de inmobles na denominada área Rexurbe da vila de Tui, delimitada principalmente polo casco vello e a contorna da catedral. O Goberno galego anima aos propietarios de inmobles deshabitados nesta zona a presentar as súas ofertas, para o cal está aberto o prazo ata o vindeiro 15 de xullo.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, lembrou a convocatoria do programa "Rexurbe", correspondente co ano 2022, baixo o lema Gañas ti, Gaña Tui. “A política do Goberno galego en materia de vivenda é transversal e moi completa, con máis de 150 millóns de euros nunha trintena de liñas, pero dándolle unha especial importancia á rehabilitación, ao mercado de vivendas baleiras e aos cascos históricos das vilas, que pretendemos recuperar e rexenerar, como no caso de Tui, con novos fogares e moita máis vida e dinamismo”, detallou o representante autonómico.

O formato do programa Rexurbe 2022 en Tui funcionará de xeito similar á anterior convocatoria. Deste xeito, os propietarios de inmobles en estado de abandono ou semiabandono situados na área Rexurbe do núcleo histórico e que queiran vendelos á Xunta de Galicia deberán presentar a súa solicitude ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) durante os vindeiros quince días. No caso de precisar máis información, poden resolver as súas dúbidas e cuestións a través do número de teléfono 981 957 965 ou, de xeito presencial, nas dependencias do servizo provincial.

Posteriormente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda procederá á baremación das ofertas para decidir os inmobles que serán adquiridos para a súa posterior rehabilitación como vivendas de promoción pública. Cómpre sinalar que, ademais de cumprir os requisitos técnicos e administrativos recollidos na convocatoria, priorizarase a compra daqueles inmobles cunha arquitectura especial ou valor patrimonial.

A Xunta de Galicia incluiu o pasado ano no programa Rexurbe ao Concello de Tui e este exercicio repetirá investimento neste municipio, no marco dos 2 millóns de euros da presente convocatoria, xunto cos termos da Coruña, Ferrol, Ourense e Ribadavia. Deste xeito, pretende dárselle continuidade á compra de inmobles do seu casco histórico, para a súa posterior rehabilitación como vivendas, tras a adquisición de tres edificios en 2021, emprazados en San Telmo 44, Cuenca 18 e Cuenca 42 e que supuxeron un investimento de 202.000 euros; e outro máis anteriormente na rúa Bispo Castañón, 20 por un importe de 100.000 euros.

O programa Rexurbe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xurdiu no ano 2017 e, ata a data, supuxo uns compromisos de adquisición de 85 inmobles cun investimento de 31,5 millóns de euros que permitirán poñer no mercado unhas 150 vivendas rehabilitadas en toda Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí