Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA E O CONCELLO DE TUI ANALIZAN A VIABILIDADE DE PROXECTOS DE INTERESE XERAL EN MATERIA URBANÍSTICA

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu ao alcalde, Enrique Cabaleiro, no que é o primeiro encontro co actual goberno municipal

O Concello formulou a posibilidade de levar a cabo unha modificación puntual do actual Plan Xeral de Ordenación Municipal | Foto: Conchi Paz

Fecha: 28 de Enero de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu o pasado martes a unha delegación do concello de Tui, formada polo alcalde, Enrique Cabaleiro González, a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e un técnico municipal, co fin de consultar a viabilidade de diversas propostas urbanísticas.

O Concello formulou a posibilidade de levar a cabo unha modificación puntual do actual Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado en marzo ano 2011, que permita adecuar ou corrixir o grafado do PXOM tras a detección dalgúns erros por parte dos técnicos.

Neste senso, a secretaria xeral expuxo a tramitación necesaria para unha modificación puntual do planeamento vixente: aprobación inicial polo Pleno municipal, exposición pública, solicitude de informes sectoriais etc. e ofreceu o apoio e colaboración técnica para a resolución de calquera consulta ou dúbida relacionada coa mesma.

O alcalde manifestou que o Concello procederá a iniciar o expediente co fin de clarificar as afeccións sectoriais dalgunhas zonas que neste momento impiden o desenvolvemento dalgúns núcleos rurais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones