Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta e o Concello de Tui repasan o futuro plan de dinamización da Área Rexurbe municipal

O Goberno local agarda poder presentar o documento antes de que remate o verán

O Goberno local agarda poder presentar o documento antes de que remate o verán

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Julio de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Tui mantiveron esta semana unha xuntanza de carácter técnico para analizar o contido e os últimos avances na redacción do plan de dinamización da Área Rexurbe do municipio, declarada o ano pasado e unha das seis existentes a día de hoxe en toda Galicia.

A tal fin, o director xeral do instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, recibiu esta semana ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con quen analizou en detalle as diferentes actuacións que inclúe o documento.

Cómpre precisar que o plan de dinamización é o instrumento que marcará a folla de ruta a seguir para a posta en valor do ámbito incluído na área Rexurbe, que abrangue todo o conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural e tamén outras zonas da súa contorna, como o Paseo da Corredoira, Bispo Lago e Martínez Padín N-550.

Neste sentido, o rexedor confirmou que xa están ultimando o plan e que a previsión municipal é poder presentalo ante o IGVS antes de que remate o verán, de modo que quedaría listo para a súa aprobación por parte do Consello da Xunta este mesmo ano.

Noutra orde de asuntos, Heriberto García e Enrique Cabaleiro falaron tamén sobre a última convocatoria do programa Rexurbe, publicada o pasado 8 de abril e que inclúe a Tui entre os municipios nos que se prevé a adquisición de inmobles para destinalos a vivenda protexida en réxime de alugueiro.

Tras lembrar que o IGVS ten reservados este ano 200.000 euros para compras neste concello, o director xeral incidiu en que os propietarios de edificios para rehabilitar ou de solares edificables en Tui teñen aínda ata o 15 de xullo para presentar as súas ofertas. Ao respecto, indicou que as persoas interesadas na venda dalgún inmoble da súa propiedade deben dirixir un escrito á dirección xeral do IGVS, axuntando a documentación que se indica na oferta publicada no DOG.

Cómpre lembrar que a Xunta xa é propietaria de 4 edificios en Tui —emprazados en San Telmo 44, Cuenca 18 e 42, e Bispo Castañón 20—, adquiridos no marco das convocatorias do programa Rexurbe de 2019 e 2021 por un importe total de máis de 300.000 euros.

Por último, o alcalde tamén lle trasladou ao representante da Xunta o seu interese por promover en Tui a declaración dun entorno residencial de rehabilitación protexida, o que lle permitiría acollerse ao novo programa de axudas á rehabilitación a nivel de barrio, que se convocará proximamente e estará financiado con fondos europeos do Next Generation.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí