Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta inicia os traballos de reparación das escolas unitarias afectadas pola explosión de Tui

A administración autonómica reforzará os Xulgados de Tui cun funcionario máis, a petición da xuíza que leva o caso

A administración autonómica reforzará os Xulgados de Tui cun funcionario máis, a petición da xuíza que leva o caso

Fecha: 01 de Junio de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A Xunta de Galicia inicia os traballos de reparación das escolas unitarias afectadas pola explosión de Tui, despois de que a Garda Civil levantara o precinto das mesmas.

Os traballos centraranse nos cambios de cristaleiras na unitaria de Paramos, que na actualidade non ten alumnado pero que segue a ser responsabilidade da Consellería de Educación ao non estar desafectada; así como no cambio de cinco fiestras completas e do chan da escola unitaria de Souto-Guillarei, onde se viu afectada a aula que actualmente está en funcionamento e que conta con 10 alumnos que foron trasladados á unitaria de Baldráns.

O mércores visitou ambos edificios o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, en compañía dos responsables do CRA Mestra Clara Torres, do que dependen ambas unitarias, así como da concelleira de Educación de Tui, Milagros González, e de membros da Unidade Técnica da Xefatura Territorial.

A Consellería de Educación agradeceu a colaboración do concello e do equipo directivo e engade que se agarda que os traballos estean rematados a próxima semana para que os alumnos regresen á normalidade canto antes.

Por outra banda, a Xunta tamén asumiu a solicitude da xuíza encargada do caso e reforzará os Xulgados de Tui cun funcionario a maiores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones