Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta leva as actividades de primavera xove aos concellos de Carballo, Vilagarcía e Tui

A programación inclúe un obradoiro de customización de roupa, actuacións musicais, karaoke e charlas sobre temas moi diversos

A programación inclúe un obradoiro de customización de roupa, actuacións musicais, karaoke e charlas sobre temas moi diversos

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Mayo de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

O programa Primavera Xove da Xunta de Galicia celebrou unha nova xornada nos Espazos Xove de Carballo, Vilagarcía e Tui. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta á feira celebrada no centro do concello carballés, onde tivo lugar unha mesa redonda para falar sobre o comercio en tempos da Covid-19.

Cristina Pichel destacou durante a  súa visita a importancia deste tipo de actividades, que rematan hoxe e que levaron aos diferentes Espazos Xove de Galicia unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna todos os venres de maio. Neste senso, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado puntualizou que estas iniciativas son unha oportunidade única para garantir que a xuventude poida ter un ocio seguro ao tempo que segue desfrutando de foros formativos e espazos de entretemento.

O Espazo Xove de Carballo acolleu, así, durante a xornada de hoxe diferentes actividades, a primeira sobre customización de roupa, onde se fixeron estampacións de camisolas, un obradoiro de acuarela, unha actividade sobre expresión comunicativa para mellorar as  habilidades de comunicación oral, e unha audición musical da man do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Como remate das xornadas levouse a cabo un obradoiro de emprendemento musical.

Graffiti en Vilagarcía e karaoke en Tui

O Espazo Xove do concello de Vilagarcía de Arousa tamén acolleu diferentes iniciativas, entre as que destacaron unha charla sobre iniciativas xuvenís e asociacionismo coa asociación Arousa Moza, o grupo informal Murphy e a asociación Saraiba do Mar e un obradoiro de graffiti a cargo de Vella Escola.

Pola súa banda, na localidade pontevedresa de Tui a xornada comezou cun coloquio informativo sobre programas de interese para a mocidade galega, seguido dunha representación artística e un obradoiro de banda deseñada. Tamén tivo lugar unha exposición de fotografía e una sesión musical de karaoke e DJ.

Para máis información sobre a programación da iniciativa Primavera Xove: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones