Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar 13 vivendas adquiridas na Coruña, Ribadeo e Tui

Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública para a súa adxudicación en réxime de alugueiro social

Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública para a súa adxudicación en réxime de alugueiro social

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Febrero de 2024

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia licitou hoxe por un importe global de máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos de rehabilitación, así como a dirección de obra, de sete edificios adquiridos nas zonas históricas da Coruña, Ribadeo (Lugo) e Tui (Pontevedra) no marco do Programa Rexurbe.

Coa súa rehabilitación obteranse 13 vivendas que serán cualificadas como de promoción pública, polo que pasarán a integrar o parque de vivenda pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e serán adxudicadas en réxime de alugueiro social atendendo aos inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia.

A licitación, publicada hoxe na plataforma de contratos de Galicia, correspóndese cun inmoble na Coruña, tres en Ribadeo e outras tres en Tui. De feito, o contrato repártese en tres lotes por ámbito provincial.

O inmoble a rehabilitar na Coruña está emprazado no número 6 da rúa Santa María e ten como obxectivo xerar tres vivendas de promoción pública. O importe de licitación da redacción do proxecto e dirección de obra é de preto de 61.000 euros IVE incluído.

En Ribadeo recuperaranse tres inmobles situados nos números 2 e 4 da rúa Bispo Veres e no número 32 da rúa Trindade. As obras permitirán habilitar seis vivendas e o importe da licitación é de máis de 102.000 euros IVE incluído.

No caso de Tui, os traballos afectarán a tres edificios emprazados no número 44 da rúa San Telmo, no 18 da rúa Lorenzo Cuenca e no 29 da rúa Pracer co 42 da rúa Lorenzo Cuenca e permitirán obter catro vivendas. O orzamento destinado á licitación da redacción do proxecto e dirección de obra é de máis de 72.000 euros IVE incluído.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí