Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta pon en valor a súa aposta pola regulación dos parques naturais galegos e subliña o fito de que todos conten xa cun plan propio de uso e xestión

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou este xoves no Monte Aloia nunha xornada con axentes e técnicos ambientais co gallo do Día europeo dos parques

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou este xoves no Monte Aloia nunha xornada con axentes e técnicos ambientais co gallo do Día europeo dos parques

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Mayo de 2023

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo este xoves en valor a aposta realizada pola Xunta nos últimos anos para completar a regulación dos sete parques naturais galegos, un compromiso que permitiu que nestes momentos todos eles conten xa cun plan de uso e xestión propio adaptado ás súas características e necesidades.

Coincidindo co Día europeo dos parques, unha efeméride que conmemora a creación desta figura no continente no ano 1909, a responsable autonómica asistiu este 25 de mio no Monte Aloia a unha xornada de convivencia na que participaron ao redor de 30 dos máis de 100 axentes medioambientais, peóns e outros traballadores que prestan os seus servizos nos 6 parques naturais galegos e no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Tras agradecer ao persoal da Consellería o carácter “polivalente” do seu traballo e subliñar o “labor diario crucial” que exercen para garantir a protección destes espazos naturais e divulgar os seus valores e biodiversidade entre os visitantes, Ángeles Vázquez quixo facer fincapé no papel e na “colaboración activa” que amosaron tamén nos últimos anos para axudar a sacar adiante os plans reitores de uso e xestión dos sete parques.

Así, lembrou que coa aprobación do PRUX das Fragas do Eume, o pasado mes de marzo, deuse por completado o proceso que impulsou a Xunta no ano 2019 co fin de dotar de instrumentos de regulación propios e actualizados aos 6 parques naturais e ao único parque nacional declarado en Galicia, un fito de grande transcendencia, tal e como dixo, tamén para os propios traballadores que desenvolven o seu labor nestes espazos.

Neste sentido, Vázquez Mejuto fixo fincapé na “seguridade xurídica” que supón contar “cunha planificación e unha estratexia” definidas en cada caso, un marco normativo que facilitará o traballo diario de axentes e demais persoal da Xunta de cara a garantir a protección e preservación destes espazos, xa que define con claridade e por zonas os usos permitidos, autorizables e prohibidos.

Así mesmo, tamén recordou que estes plans permiten facer unha planificación de investimentos de cara aos vindeiros anos, subliñando que durante a súa vixencia —que varía entre os 6 e os 10 anos— a Xunta prevé mobilizar un investimento total estimado en preto de 70 millóns de euros nos 7 parques galegos.

 

Construíndo sobre as nosas raíces

Este é o terceiro ano consecutivo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza un encontro de confraternidade e intercambio de experiencias dirixido a todo o persoal adscrito a estes espazos co gallo da celebración do Día europeo dos parques, que en 2023 se conmemora baixo o lema Construíndo sobre as nosas raíces.

Os dous anteriores desenvolvéronse nos parques do Invernadeiro (o único de xestión e titularidade completa da Xunta) e das Fragas do Eume. Nesta ocasión, o escenario escollido foi o Monte Aloia, unha volta “ás raíces”, como comentou a conselleira, xa que cómpre lembrar que este foi o primeiro parque natural declarado na Comunidade, concretamente no ano 1978.

A maiores, a Xunta tamén organizou ao longo do día de hoxe toda unha serie de actividades dinamizadoras para conmemorar o Día europeo dos parques, dirixidas ao público en xeral pero cunha atención especial a nenos e mozos.

Así, no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés haberá esta tarde un roteiro guiado pola senda termal de Lobios a Vilameá; en Fragas do Eume organizouse un xogo de pistas nos arredores do Centro de interpretación de Caaveiro, con premio para todos os participantes; no centro de visitantes de Biobra, na Serra da Enciña da Lastra, convidouse a todos os residentes no parque natural a participar nunha xornada de portas abertas; e en Corrubedo porase á proba os coñecementos dos visitantes sobre os parques naturais galegos cun cuestionario sobre curiosidades e detalles de interese.

Por último, no caso do Parque Nacional hoxe haberá unha visita a Sálvora dirixida a profesionais do sector turístico ligado ás Illas Atlánticas, no centro de visitantes de Vigo e nas casetas de información de Cíes e Ons animarase a participar nun xogo de preguntas e tamén está prevista unha visita de alumnos da Escola de Deseño de Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí