Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta promove a investigación sobre cultivos con capacidade para reducir as emisións e mitigar os efectos do cambio climático nos Parques Naturais

O acordo marco realizouse no Centro de interpretación da natureza do Parque Natural de Monte Aloia

O acordo marco realizouse no Centro de interpretación da natureza do Parque Natural de Monte Aloia

Fecha: 19 de Abril de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia promove o estudo sobre o desenvolvemento de cultivos nos parques naturais de Galicia capaces de reducir as emisións atmosféricas e paliar os efectos do cambio climático. Estas actuacións levaranse a cabo mediante un acordo marco que a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, vén de asinar co director territorial de CaixaBank Galicia, Marc Benhamou Gallego, no Centro de interpretación da natureza do Parque Natural de Monte Aloia, en Tui; e que contará coa colaboración das Universidades de Vigo e Santiago. A titular do departamento autonómico sinalou que este acordo de colaboración suporá un investimento de 100.000 euros -50.000 en cada un- en dous proxectos de investigación que permitirán, por unha banda, compatibilizar a conservación dos espazos naturais co crecemento económico sostible, o emprego verde e estilos de vida saudables; e, por outra banda, analizar métodos de control e mitigación dos efectos da vespa velutina na biodiversidade.

Con respecto ao estudo que favorecerá o desenvolvemento de prácticas agrícolas sostibles nos parques naturais de Galicia, Beatriz Mato explicou que "determinados procesos poden axudar a reducir as emisións de CO2 e NO2, como son os abonos naturais ou o emprego de maquinaria menos lesiva". Así, abondou a conselleira, "estas técnicas contribúen á fixación destes compostos no chan, evitando a súa saída á atmosfera e favorecendo a unha maior retención de auga e unha menor erosión".

Deste xeito, a titular do departamento autonómico indicou que, segundo os resultados da investigación previa, seleccionaranse dous tipos de cultivos ou produtos máis axeitados para cada zona e garantir, así, non só a preservación do espazo natural, senón tamén o desenvolvemento económico local sostible mediante sistemas de produción baixos en emisións, o fomento do emprego verde e hábitos saudables. Beatriz Mato lembrou que no entorno dos parques naturais xa se vén compatibilizando a actividade agrícola coa protección do patrimonio natural.

Tamén, segundo anunciou a conselleira, dentro das actuacións previstas, contémplase a posterior comercialización dos produtos resultantes dos cultivos e mesmo estudarase a viabilidade da creación dunha marca co fin de aumentar a súa visibilidade no mercado.

Métodos de control sobre a vespa velutina
Grazas a este acordo de colaboración asinado coa Fundación La Caixa, porase en marcha outro proxecto de investigación que permitirá coñecer novos métodos para o control e a redución dos efectos da vespa velutina na biodiversidade. Neste proxecto contarase tamén coa participación das Universidades de Vigo e Santiago e baséase en catro liñas de traballo que van desde a análise do comportamento e as preferencias alimentarias da especie, o desenvolvemento de novas trampas e atraentes para a captura de individuos, o coñecemento sobre os seus hábitats e os factores que favorecen a distribución do insecto e a consideración do seu impacto sobre a polinización das especies locais.


En concreto, os estudos facilitarán o coñecemento sobre o comportamento da especie e o número de individuos por colonia, testarase o atractivo de distintas fontes como poden ser os carbohidratos e proteína e determinaranse os hábitats máis frecuentados polo insecto.


A maiores, promoverase unha rede de alerta en actuación conxunta coa cidadanía e, en especial, cos apicultores, que é o sector social máis implicado; cuxa misión será establecer puntos de mostraxe en campo que reúnan as características necesarias para estudar o insecto.


Como resultado desta investigación, segundo indicou a conselleira de Medio Ambiente, elaborarase un protocolo de actuación e a divulgación das conclusións obtidas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones