Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta publica no DOG a licitación do proxecto para a construción do enlace de Areas, na VAC Tui- A Guarda

Estes traballos teñen un orzamento de 75.000 euros, un prazo de execución de 8 meses e as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 30 de xuño

Estes traballos teñen un orzamento de 75.000 euros, un prazo de execución de 8 meses e as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 30 de xuño

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Junio de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

§  O inicio da contratación do proxecto construtivo posibilitará que se poida iniciar a redacción este mesmo verán para a continuación licitar as obras do enlace que suporá un investimento da Xunta de preto de  12 millóns de euros

§  Considérase prioritario este treito da VAC á Guarda, xa que nel conflúen a futura VAP á Guarda; a A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño

§  Co novo enlace que se integra na VAC Tui - A Guarda posibilítase a conexión do polígono empresarial que xera tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación do servizo para a redacción do proxecto de construción da Vía de Alta Capacidade (VAC) de Tui-A Guarda, treito enlace A-55 - enlace de Areas.

Este contrato licítase por un importe de máis de 75.000 euros e prevese un prazo de execución de 8 meses. A data límite para a presentación de ofertas será o vindeiro día 30 de xuño. No seguinte enlace pódese consultar máis información sobre esta resolución: http://goo.gl/rz8FwT

O inicio da contratación do proxecto construtivo posibilitará que se poida iniciar a súa redacción este mesmo verán. A continuación será posible licitar as obras do enlace que suporán un investimento por parte da Xunta de arredor de 12 millóns de euros.

Coa licitación avánzase na determinación do Goberno galego por completar o eixo de altas prestacións entre Tui e A Guarda, comezando pola conexión do enlace de Areas coa N-551 e a A-55, necesario para solucionar os tráficos e mellorar as conexións dun polígono que rexistra unha importante actividade económica, industrial e comercial. Cómpre lembrar que con data 6 de maio foi sometido a información pública a efectos expropiatorios o proxecto de trazado do enlace de Areas, que se desenvolverá nivel construtivo e se integrará co da VAC Tui - A Guarda mediante o contrato que hoxe se licita.

A Xunta, tras unha fonda análise técnica, funcional e social, detectou que este treito é o máis urxente nesta infraestrutura, xa que nel conflúen a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño. Ademais posibilítase a conexión dun polígono empresarial, o de Areas, que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais.

O Goberno galego xa ten acadado unha solución que posibilita movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas.

Cómpre lembrar que dende o 2014 está en servizo o treito entre Goián e A Guarda, 10 quilómetros de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí