Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta recórdalle ao goberno central o seu compromiso adquirido na reconstrución da parroquia de Paramos (Tui)

A Xunta xa aportou aos damnificados 598.150 euros para as vivendas danadas e as axudas poderán seguir solicitándose ata o 6 de setembro

A Xunta xa aportou aos damnificados 598.150 euros para as vivendas danadas e as axudas poderán seguir solicitándose ata o 6 de setembro

Fecha: 25 de Agosto de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, lamentou na mañá deste venres que o Goberno Central non asumira aínda o compromiso adquirido coa Xunta de Galicia para a reconstrución da parroquia de Paramos en Tui, afectada pola explosión dunha pirotecnia ilegal.

Deste xeito, Cores Tourís recordou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, solicitou un compromiso real e eficiente do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en relación cos damnificados de Paramos.

"Non podemos esquecer", engadiu o delegado territorial, "que o presidente do Goberno comprometeuse con Alberto Núñez Feijoo na última reunión que mantiveron a colaborar nas axudas aos afectados por ese terrible suceso, e neste senso, insistimos na necesidade da exención fiscal sobre as subvencións que soliciten aquelas persoas cuxa casa quedou destruída ou inhabitable". Tamén recordou José Manuel Cores Tourís que o presidente da Xunta solicitou, a maiores, que o Goberno Central apoie o financiamento das tarefas de desentullo. "E seguimos sen noticias ao respecto".

Segundo manifestou o delegado territorial, "o compromiso da Xunta cos damnificados de Paramos foi e é unha realidade. A Xunta actuou coa maior axilidade posible desde o primeiro momento, con atención médica e psicolóxica aos afectados; ofrecendo solucións para que os dous menores que quedaron orfos poidan continuar coa súa vida -unha reposta na que están implicados tanto os servizos de menores da Xunta, que son os que teñen a tutela, como unha familia de acollida-; e coas axudas ás familias afectadas". Cores Tourís finalizou recordando que as axudas aprobadas pola administración autonómica en relación á explosión pirotécnica de Tui ascenden xa a máis de 7 millóns de euros.

En relación á aportación da administración autonómica, José Manuel Cores Tourís, recordou que xa se pagaron, no caso de danos en vivendas, 598.150 euros, as que se deben sumar ás aportadas por alugamento.

"Quero lembrar que o importe de axudas establecidas pola Xunta de Galicia chegan aos 126.000 euros por vivendas", engadiu o delegado territorial, "e que as de rehabilitación cobren todos os gastos que xa se teñan realizado así como calquera tipo de honorarios de técnicos que sexan necesarios. Os interesados poderán solicitar o pagamento da axuda por anticipando ata o próximo 6 de setembro, de maneira que non teñan que incorrer en ningún gasto".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones