Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta xa concedeu a totalidade das axudas ao alugueiro solicitadas polos afectados da explosión de Paramos (Tui)

Outorgáronse 13 as axudas para o alugueiro, por importe de 60.555 euros

Tamén se concederon 11 axudas para danos en vivendas e enxoval

Fecha: 02 de Julio de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia xa concedeu a totalidade das axudas para o pago do alugueiro solicitadas con documentación completa presentada polos afectados pola explosión pirotécnica rexistrada en Paramos (Tui), así como tamén outorgou tres novas axudas por danos nas vivendas.

En total, neste intre, xa se concederon axudas por importe de preto de 123.000 euros.

No caso das axudas ao alugueiro xa foron concedidas as 13 solicitadas ata a data, por un importe total de 60.555 euros.

Existe unha solicitude máis, que fai o número 14, que está pendente de presentación da documentación do seguro por parte do solicitante. Neste caso o seguro da vivenda cobre o custe do alugueiro, pero a Xunta podería conceder unha axuda complementaria no caso de que a cobertura de dito seguro sexa inferior á axuda da Xunta.

Polo que respecta ás axudas de danos a vivendas e enxoval, o número de axudas concedidas ata este momento é de 11, sobre un total de 28 solicitudes presentadas. O importe das axudas concedidas para este fin é de 62.328,90 euros.

No primeiros días da próxima semana aprobarase o anticipado das axudas de danos a vivendas correspondentes aos sete beneficiarios que así o solicitaron e aos que se concederon axudas por importe de máis de 50.000 euros.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo continúa traballando coa meirande dilixencia para resolver as solicitudes presentadas no menor tempo posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones