Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Abertas as inscricións para a 15K do Atlántico ata o 3 de outubro

As inscricións aínda están abertas ata o vindeiro mércores día 3 de outubro a través da plataforma online www.championchipnorte.com

As inscricións aínda están abertas ata o vindeiro mércores día 3 de outubro a través da plataforma online www.championchipnorte.com

Fecha: 01 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

A proba deportiva «15k do Atlántico» chega este ano a súa sexta edición o vindeiro domingo día 7 de outubro cun percorrido pola costa sur de Pontevedra, que terá inicio no Concello de Oia, pasará pola costa do Concello do Rosal para rematar no Porto da Guarda.

A 15k do Atlántico é unha das probas referentes do "running" galego, na que, na edición do 2017 superáronse os 800 atletas e que para este ano 2018, espérase chegar a preto dos 1000 atletas.

O percorrido e as fermosas vistas das paisaxes da costa atlántica son uns dos principais atractivos, converténdose nun evento deportivo e tamén turístico, atravesando partes do Camiño Portugués da Costa.

A proba partirá o domingo 7 de outubro ás 11:00h dende o Campo de Fútbol de Oia, combinando ao longo do seu percorrido treitos de asfalto e de terra ata chegar finalmente ó Porto da Guarda.

Paralelamente á carreira 15k e dentro da filosofía "Deporte Saudable" organízase tamén unha andaina popular de 12km dende Oia ata A Guarda, na que un guía mostrará aqueles lugares máis emblemáticos da zona, para aqueles que desexen facer este fermoso percorrido pero a un ritmo máis suave.

As inscricións aínda están abertas ata o vindeiro mércores día 3 de outubro a través da plataforma online www.championchipnorte.com , cun prezo de 4€ para a andaina e de 12€ para a 15k do Atlántico ata o próximo 30 de setembro e que pasará a ser de 4€ e de 14€ a partir do 1 de outubro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones