Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Abertas as inscricións para as Deporte-Escolas 2018-19 no Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui

O programa da institución provincial, que oferta actividades totalmente gratuítas, beneficiou durante o pasado curso a máis de 10.000 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos

O programa da institución provincial, que oferta actividades totalmente gratuítas, beneficiou durante o pasado curso a máis de 10.000 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos

Fecha: 25 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Hoxe luns 10 de setembro abriuse o prazo de inscrición para unha nova edición das "DEPOrte Escolas", o programa da Deputación de Pontevedra en colaboración con federacións deportivas para promover a actividade física entre as nenas e nenos en idade escolar a través de diferentes modalidades. Para este curso 2018/2019, ao igual que o ano pasado, as actividades que ofertará de maneira totalmente gratuíta son balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, atletismo (marcha), piragüismo e baloncesto.

As persoas interesadas en participar nas "DEPOrte Escolas" deberán cubrir a solicitude de inscrición que poden atopar na páxina web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/deporte-escolas ) e posteriormente entregala en calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL, ou enviala a deportescolas@depo.es. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro venres 28 de setembro e as actividades comezarán a partir do 8 de outubro, no día e horario correspondente para cada escola.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición a relación das persoas admitidas publicarase na web da institución provincial a semana seguinte á finalización do prazo de inscrición. Tras a publicación, no caso de que existan prazas libres, abrirase un segundo prazo de inscrición a partir do 15 de outubro que non se pechará en todo o curso, sempre que queden prazas libres.

Para este curso 2018/2019 haberá actividades en 51 concellos da provincia. Máis polo miúdo, os concellos que durante esta temporada terán actividades das "DEPOrte Escolas" serán Agolada, Arbo, A Guarda, A Cañiza, As Neves, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Forcarei, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, O Grove, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Vila de Cruces e Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones