Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ábrese a inscrición para participar nun concerto de campás nas Festas de San Telmo

Os interesados poden anotarse até o martes 16 de abril

Os interesados poden anotarse até o martes 16 de abril

Fecha: 06 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tui

Ábrese o proceso de inscrición para aquelas persoas que desexen participar no taller e no concerto "As Badaladas de San Telmo" que terá lugar do venres 26 ao domingo 28 de abril, en diferentes campanarios tudenses. Dirixido por dúas persoas especialistas de recoñecemento internacional e coa coordinación artística do festival Música no claustro, este concerto súmase á sensibilización e ó coñecemento do toque manual de campás coma patrimonio cultural inmaterial.

As persoas interesadas poden enviar a solicitude de inscrición até o martes 16 de abril ao correo electrónico contacto@musicanoclaustro.com indicando o seu nome, idade, teléfono e enderezo. Do mesmo xeito deberá compartir, de forma breve, cal é a motivación para formar parte do taller e do concerto indicando si ten, ou non, coñecementos musicais ou de toque de campás.

A participación activa no concerto e a súa preparación no taller, que se desenvolverá do venres 26 ao propio domingo 28, é gratuíta para as persoas inscritas, sendo preciso o compromiso e dispoñibilidade de datas. Esta participación non supón ningunha relación contractual co Concello de Tui coma entidade organizadora.

As persoas interesadas poden facer as consultas que precisen sobre esta actividade no teléfono 657 69 11 50. A organización confirmará a listaxe de persoas seleccionadas antes do luns 22 de abril.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones