Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Acondicionadas as praias de Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas para época estival

Tamén se preparou o Pozo Baqueiro en Rebordáns

Tamén se preparou o Pozo Baqueiro en Rebordáns

Fecha: 24 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tui

As praias de Areeiros en Guillarei e do Penedo en Caldelas están xa perfectamente acondicionadas para a temporada de baño 2017. Ao longo das últimas semanas o Concello de Tui procedeu ao limpado destes espazos, e acondicionou os accesos. Estes labores concluíron na xornada de hoxe coa colocación de aseos públicos, por segundo ano consecutivo na praia do Penedo, e coma cada verán na praia de Areeiros onde tamén foi instalado o quiosco da temporada estival. Amais reparouse a pasarela de madeira que da acceso ao pantalán substituíndo os troncos e viguetas que estaban deteriorados. Lembran dende o concello a prohibición de acceder con animais á praia e de tirar cabichas.

A auga destas dúas praias reúne a cualificación de excelente segundo os datos das análises que periodicamente realiza a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Por outra parte o concello de Tui ten realizado tamén outras actuacións noutras zonas de baño fluviais no municipio coma é o caso do Pozo Baqueiro na parroquia de Rebordáns. Neste caso, neste espazo moi frecuentado tamén nos meses de verán, realizouse unha pequena actuación na comporta da pequena presa existente mellorando este dispositivo.

Lembramos por outra parte que dende hai unha semana está abertas as piscinas municipais. Previa a súa apertura na sala de depuración substituíuse a escaleira de ferro existente por outra de aceiro inoxidable adaptada á normativa en vigor, e abriuse unha nova porta e ventás co que se conseguiu tamén mellorar a ventilación deste espazo. Xa no exterior foron colocados bicicleteiros e papeleiras de recollida selectiva. As piscinas municipais abren de luns a venres de 13 a 20h e os sábados, domingos e festivos de 12 a 20h. A entrada para adultos é de 2€, e a infantil de 1,5€.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones