Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Actividades infantís, canto coral e teatro nas festas de San Telmo o luns 2 de abril

A programación de hoxe luns péchase co inicio da X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui.

A programación de hoxe luns péchase co inicio da X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui.

Fecha: 02 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

Hoxe luns, 2 de abril, comezan as actividades infantís que se van a celebrar cada mañá até o venres na Área Panorámica para nenos dende os 3 anos en horario de 11 a 13h da man de Chirlomirlo. A primeira proposta chega baixo o título de "Teatro reciclado". Na mesma os cativos crearán personaxes, marionetas, con calcetíns, goma eva, botellas de plástico... e logo levarán a cabo unha pequena representación de teatro de monicreques.

Tamén hoxe luns comezan as proxección de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con En Un Tris Tras. Os cativos poderán disfrutar con "Rock Dog: el poder la música".

Por outra parte a Coral Polifónica Ponte das Febres actuará de 16 a 17h no Centro de Día Amoralia, levando a música aos usuarios deste centro.

A programación de hoxe luns péchase co inicio da X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. O grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas estreará, ás 21h, a obra "Os pintores non teñen recordos" de Darío Fo. Baixo a dirección de Tomás Alonso Pardo un elenco de nove actores afeccionados darán vida a esta comedia na que ao dono dun hotel de mala morte lle toca a lotería, pero a súa muller fai o inimaxinable para non ter que compartilo con el. As entradas poranse á venda ás 20.30h ao prezo de 1,5€, sen numerar.

Programación Festas de San Telmo - Luns, 2 de abril
• 11.00-13.00 h No edificio da Área Panorámica, porta 12, actividades infantís - "Teatro reciclado" con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.
• 16.00 h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil "Rock Dog: el poder de la música" con En Un Tris Tras - 80 min. *Entrada libre ata completar capacidade.
• 16.00-17.00 h No Centro de Día Amoralia actuación da Coral Polifónica Ponte das Febres.
• 21.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de Teatro Mesturanzas da A.C. Seixos Albos de Areas estrea "Os pintores non teñen recordos" - 90 min. Entrada 1,5 €.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones