Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Adrian Millan Figueroa, arqueiro tomiñés con autismo, amosa que este non é impedimento para a realización persoal

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, o concelleiro Ismael Troncoso quere facer chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e tamén polo seu esforzo e afán de superación

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, o concelleiro Ismael Troncoso quere facer chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e tamén polo seu esforzo e afán de superación

Fecha: 06 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Adrián Millán Figueroa é un mozo tomiñés, con autismo, que dende hai un par de anos compite a nivel galego na modalidade deportiva de tiro ao arco Sub/14, cos mellores resultados.

No que vai de ano resultou xa 1º clasificado en As Somozas (A Coruña) no CAMPIONATO GALEGO DE SALA; 1º clasificado en Valadouro (Lugo) no TROFEO FEDERACION XUNTA DE GALICIA, ao aire libre; 1º clasificado en SILLEDA, na categoría BOSQUE 3D; e 1º clasificado en A Devesa (Pontevedra), no CAMPIONATO GALEGO AO AIRE LIBRE.

Nesta proba, tírase a unha diana de 40 x 40 cm. en dúas quendas; unha de 10 entradas a 3 flechas por entrada (30 flechas), e 30 metros., e outras 10 entradas de 3 flechas a 18 metros.

Adrián tamén participa nunha categoría moi especial, BOSQUE 3D, na que o branco é un "animal" de gomaespuma.

Estes logros veñen a sumarse aos dos ano pasado, que foron moitos tamén (1º clasificado en Pontevedra CAMPIONATO GALEGO AO AIRE LIBRE; 3º clasificado en Redondela-Sotomaior, 3º clasificado en Riveira organizada por Arqueiros do Barbanza; 3º clasificado en Reboreda . Redondela; 4º clasificado en Vincios organizada por Serra de Gondomar; 4º clasificado en Oza- Cesuras organizada por Arco da Vella, e 6º clasificado en Mazaido-Bens (A Coruña) organizada por ARCO HERCULES).

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, o concelleiro Ismael Troncoso quere facer chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e tamén e sobre todo, polo seu esforzo e o seu constante afán de superación, que lle permiten estar hoxe entre os primeiros arqueiros galegos da súa categoría, amosando que o autismo non é impedimento para a realización persoal e profesional.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones