Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Adxudicada a reforma da Praza de Abastos de Tui por 1,3 millóns de euros

A empresa tudense Plaintec será a responsable de executar a obra. Deberá estar finalizada o 30 de xuño de 2024

A empresa tudense Plaintec será a responsable de executar a obra. Deberá estar finalizada o 30 de xuño de 2024

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Noviembre de 2023

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vén de adxudicar a obra de reforma da Praza de Abastos á empresa tudense Plaintec  por un importe de 1.322.706,42€. Así se aprobou onte en sesión plenaria ao ser a oferta máis vantaxosa segundo o recollido na proposta da mesa de contratación. O punto saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno do Partido Socialista, e abstención dos tres grupos da oposición, PP, BNG e C21.

As obras terán un prazo de execución de 8 meses, debendo estar rematadas o 30 de xuño de 2024 ao estar financiadas nun 80% con fondos europeos Next Generation.

O proxecto a executar suporá a reforma integral da Praza de Abastos coa súa modernización e actualización tanto interior coma exterior, co que o mercado gañará en confortabilidade e eficiencia enerxética.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, sinala que este proxecto é clave “para a dinamización comercial da cidade” e busca converter á praza “nun mercado referente e atractivo”. Ana Núñez amosa a súa satisfacción porque sexa unha empresa tudense, Plaintec, quen vaia a executar a obra, o que significará que o investimento previsto redundará tamén directamente na economía local a través desta firma. Salientaba que o retorno do investimento previsto, amais da propia reforma da praza, non pode ser mellor ao ser executada por unha empresa do municipio con gran parte da súa plantilla tamén tudense.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosa a súa confianza en que a execución desta obra “converta a praza de abastos no que debe ser” e destaca “a importancia que este equipamento pode xogar no desenvolvemento económico e social deste concello”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí