Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alberto Fortes presenta en Tui a novela -A viaxe xeométrica de Domingo Fontán-

Xoves, 25 de novembro, ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui

Xoves, 25 de novembro, ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

O xoves, 25 de novembro, ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación da novela “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán” recentemente editado por Edición Laiovento. A novela é unha obra do escritor pontevedrés Alberto Fortes que ten cultivado obras de aventuras, novela negra ou novela histórica, entre elas “Memorial de a bordo” (2003) ou “Los viajes de Shackleton a la Antártida” (2014). Neste novo título a súa habilidade coa escritura e o seu amplo coñecemento da historia de Galicia no século XIX.

Na presentación de mañá xoves, amais do autor, participarán Enrique Cabaleiro González, alcalde de Tui; Rafael Sánchez Bargiela, técnico do arquivo, biblioteca e museo de Tui; Manuel Vázquez de la Cruz, da asociación Levada libre, e Afonso Ribas, coordinador de edicións Laiovento. Abrirán o acto Silvina Bouza e Carlos de Julito, frauta traveseira e guitarra respectivamente. Pechará Mijail Ghanime Comesaña, guitarra e canto.

Este libro dá conta da monumental tarefa que o xeógrafo de Portas levou adiante entre 1820 e 1834 debuxar un mapa de Galicia segundo os métodos científicos, nunha fermosa aventura polos máis esgrevios cumios da nosa terra, facendo unha especial recreación do levantamento da antiga provincia de Tui, que Fontán fixo xunto con Xosé Dionisio Valladares nos meses de maio e xuño de 1829. En Tui son atendidos por Francisco Avila y La Cueva que era arquiveiro da catedral e tenente realista e autor dunha coñecida Historia Civil y Eclesiástica de Tui. Eran anos de persecución política aqueles da chamada década ominosa de Fernando VII, o peor Rei que tivo España en toda a súa historia. Fontán estivera do ano 23 ao 26 expulsado da súa cátedra e Valladares, pai dos escritores galegos Marcial e Avelina, estaba aínda impurificado polo réxime e polo tanto nunha situación persoal moi delicada. Por outra banda Tui fóra dende 1820 sede dun movemento apostólico de inspiración carlista, do que Ávila formará parte. O encontro dos tres personaxes na cidade de Tui adquire por todo iso unha dimensión que vai moito máis alá do cartográfico.

A novela é pois unha magnifica achega á figura de Domingo Fontán (1788-1866) ilustrado, matemático, político e xeógrafo. Das múltiples actividades de Domingo Fontán, sen dúbida hai que destacar, no campo científico, a súa obra mestra: A Carta Xeométrica de Galicia. Iniciada en 1817, terminou en 1834, despois de 17 anos de intenso traballo no que colaboraron José Valladares, o topógrafo Domingo Laredo, o profesor Manuel Rufo Fernández e o seu irmán Andrés. Contou tamén con aparellos, algúns deles traídos do estranxeiro polo seu mestre D. José Rodríguez. A Carta a levou a cabo construíndo unha malla triangular con vértices nos cumes dos montes e promontorios, unha trama de rectas e ángulos con referencia na Torre do Reloxo da Catedral de Santiago, como punto cero. Realizada a escala 1:100000, nela utilizouse por primeira vez o sistema métrico. É o primeiro mapa construído en España utilizando medidas xeodésicas rigorosas con base científica. Presentado á Raíña Mª Cristina, o mapa editouse en París en 1845. Trátase dunha obra inxente, de gran transcendencia para o desenvolvemento de Galicia, básica para a articulación do territorio, para o trazado das vías de comunicación, para referenciar xeograficamente a poboación, os recursos e outros aspectos de interese.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones