Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alfonso Rueda sinala que só as persoas que votan ao Partido Popular saben realmente que presidente e que proxecto están votando

Puxo valor os investimentos por valor de 48 millóns de euros que a Xunta fixo na comarca do Baixo Miño nos últimos catro anos.

Puxo valor os investimentos por valor de 48 millóns de euros que a Xunta fixo na comarca do Baixo Miño nos últimos catro anos.

Fecha: 14 de Septiembre de 2016

Fuente: PP Pontevedra

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, recordou esta noite que as únicas opcións que os cidadáns teñen nas eleccións do 25 de setembro son votar a Feijóo, un presidente que conta co aval dos feitos e da experiencia, e que presenta un proxecto serio e de futuro para Galicia, ou a incerteza que supón votar a un partido que o único ao que aspira é a formar un goberno a catro bandas, no que se descoñece quen aspira a ser o presidente e que programa se vai a desenvolver.

Foi durante o mitin do Baixo Miño que os populares celebraron en Tui, e no que Alfonso Rueda estivo acompañado por outros membros da candidatura dos populares, como Moisés Rodríguez, Nava Castro ou Jesús Vázquez Almuíña. O presidente provincial salientou que no debate electoral os que din ser a alternativa a Feijóo e ao Partido Popular rexeitaron ser claros e amosarlles aos cidadáns que lles espera con ese goberno a catro bandas. Nesta liña, recordou que só as persoas que votan ao Partido Popular saben realmente que presidente e que proxecto están votando, mentres que o significado do resto dos votos decídense, a posteriori, nos despachos.

INVESTIMENTOS NA COMARCA
Na súa intervención, Alfonso Rueda puxo en valor os investimentos que o goberno de Feijóo fixo nos últimos catro anos na comarca do Baixo Miño, e que ascenderon a 48 millóns de euros. Entre os proxectos realizados, resaltou o novo centro de saúde de Tui, que proximamente entrará en funcionamento e dará cobertura sanitaria a unha área de poboación de 18.000 persoas, así como o centro de saúde de Oia, que se puxo en marcha a principios deste ano.

Alfonso Rueda tamén salientou a creación da nova escola infantil de Tui, con 82 prazas públicas, ou o novo centro 0-3 anos da rede A Galiña Azul en Tomiño, que se puxo en marcha este mesmo ano. Nesta liña, destacou que neste tempo investiron nesta comarca 1,6 millóns de euros en educación.

Outro dos proxectos salientables desta lexislatura no Baixo Miño foi a variante Tui-A Guarda, unha actuación estratéxica para a comarca e que a súa continuidade seguirá sendo unha prioridade para os populares, xa que esta infraestrutura beneficiará aos case 40.000 habitantes dos concellos de Tomiño, O Rosal, A Guarda e Tui.

Alfonso Rueda tamén recordou as actuacións de saneamento integral do río Louro, cun investimento de 5 millóns de euros; o saneamento en Randufe, a ampliación da estación de bombeo de augas residuais de Areas, ou a construción de trece novos puntos de conexión da rede secundaria de abastecemento coa EDAR de Guillarei.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones