Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alfredo Conde presentou en Tui súa última novela, Homes de Ferro, no que novela a aventura vivida a bordo do Naomh Gobnait

Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia

Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia

Fecha: 13 de Febrero de 2020

Fuente: Ézaro Ediciones

Alfredo Conde presentaba hoxe en Tui exemplares da súa última novela, Homes de Ferro, publicada por Ézaro Ediciones e que ten como referencia a aventura vivida por catro amigos irlandeses ao bordo do Naomh Gobnait, o bote recontruído a iniciativa de Buxa, a Asociación Galega do Patrimonio Industrial, xa convertido no emblema do Camiño por mar. A presentaión tivo lugar no Club Náutico San Telmo. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

Homes de Ferro relata a viaxe emprendida no ano 2014 por un grupo de amigos irlandeses que decidían contruír un bote no que emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín ata Santiago de Compostela. Unha travesía que suporía un percorrido de 2.500 quilómetros por mar, que fixeron de forma espaciada ao longo de tres anos. O autor, Alfredo Conde quere deixar claro que "pese a que os nomes que aparecen en Homes de ferro son reais e corresponden a seres reais, non se trata dunha crónica xornalística e non pretende suplir literariamente a un documental".

Para Alfredo Conde "trátase dunha novela construída a partir dunha realidade na que a maioría dos feitos son certos pero non o que pensa cada unha das personaxes que xa é a expresion da miña liberdade como novelista á hora de imaxinar os seus pensamentos e reacción".

Segundo palabras do propio editor, Alejandro Diéguez, "ademáis da edición en galego, Homes de ferro editarase tamén ao inglés". A edición en castelán xa está dispoxible nas librarías.

Pola súa banda, o presidente de Buxa, Manuel Lara, destaca que "este novo fito no marco do proxecto cultural de Buxa podería ir seguido dun proxecto audiovisual" e dá a acoñecer a través deste comunicado a recén creada web do proxecto, www.caminopormar.com."Ademáis de dar a coñecer a aventura emprendida por catro amigos irlandeses en bote dende Dublín a Santiago, a páxina web nace co fin de recuperar e poñer en valor unha ruta xa empregada polos nosos antergos e que atrauxo a millleiros de peregrinos entre os séculos XIII e XV", sinala.

Unha viaxe en bote dende Dublín ata Santiago de Compostela
No ano 2014 catro amigos irlandeses deciden construír un bote co que emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín a Santiago de Compostela. A viaxe compoñíase de 2.500 quilómetros por mar, desembarque no porto da Coruña e, dende alí, continuar a peregrinación por terra ata Santiago. Faríase de forma espaciada en tres anos, a razón de seis semanas de navegación por ano.

A construción do currach ou naomhóg -así se denomina a embarcación- non foi doada. Despois de traballar nela durante varios meses, os catro remeiros puideron comezar as probas de navegación e os seus propios adestramentos para a travesía. En medio dunha grande expectación mediática, a aventura concluía con éxito en 2016 cando Danny Sheehy, impulsor do proxecto, tivo a honra de ler a invocación ao Apóstolo Santiago en irlandés na Catedral de Santiago. Cumpríanse 800 anos da primeira peregrinación irlandesa. Un ano máis tarde, os catro amigos decidían facer unha ruta pola costa galega que acabou cun fatídico accidente en Caminha levándose por diante a vida de Danny e a embarcación

Grazas á iniciativa posta en marcha por Buxa, a Asociación Galega de Patrimonio Industrial, o bote foi reconstruído polos propios remeiros participantes na aventura no marco da exposición Camiño por Mar convertíndose en emblema do Camiño de Santiago por mar e epicentro dunha serie de actividades que rememoran a tradición do camiño por mar, a navegación así como as históricas relacións galaico-irlandesas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones