Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui visita o centro de compostaxe do plan revitaliza no municipio

Rapaces e rapazas xa coñecende primeira man a compostaxe grazas aos obradoiros e actividades da Deputación

Rapaces e rapazas xa coñecende primeira man a compostaxe grazas aos obradoiros e actividades da Deputación

Fecha: 19 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

Os rapaces e rapazas da ESO do instituto Indalecio Pérez Tizón de Tui son xa expertos en compostaxe: participaron nas actividades organizadas pola Deputación ao abeiro do Plan Revitaliza e visitaron o centro de compostaxe comunitaria instalado en Tui, onde a mestra e o mestre composteiros que se encargan de supervisar o seu funcionamento explicou como se produce o compost a partir dos restos de lixo orgánico que se xeran nas casas.

Os rapaces e rapazas iniciaron os obradoiros do Plan Revitaliza da man dos monitores do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), realizando dende hai semanas clases para coñecer cales son os bichos que participan no proceso de produción do fertilizante, e charlas tituladas ‘A voltas coa compostaxe', un achegamento lúdico ao tema do lixo doméstico (tipoloxía, volume, precaucións) e a súa xestión e tratamento, facendo fincapé no proceso de compostaxe dos restos de comida e vexetais.

A Deputación de Pontevedra realiza estas actividades co obxectivo de concienciar tanto á comunidade docente como ao alumnado da problemática dos residuos, acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación do lixo orgánico doméstico, obter un compromiso persoal ante a redución dese lixo e co uso dos composteiros, e informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.

Nestes momentos son 36 os concellos da provincia que traballan para aplicar a compostaxe nos vindeiros catro anos e cumprir así coa normativa da UE (que esixe que no 2020 o 50% do lixo municipal sexa reciclado), mellorar o medio ambiente e reducir custes de tratamento e recollida. Deses 36 concellos, 27 teñen xa implantados centros de compostaxe comunitaria, aos que os veciños poden levar os seus residuos orgánicos e obter compost para a súa horta ou plantas. O concello de Tui conta a día de hoxe con composteiros comunitarios que están a funcionar con grande éxito.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones