Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Alumnado do Indalecio Pérez Tizón participa en roteiros literarios por Celanova e Ourense

Os participantes poderán acceder á novela desde unha perspectiva lúdica e innovadora

Os vindeiros mércores 5 e venres 7 de abril o alumnado IES Indalecio Pérez Tizón participará en dous roteiros literarios.

Fecha: 05 de Abril de 2017

Fuente: IES Indaleco Pérez Tizón

Os vindeiros mércores 5 e venres 7 de abril o alumnado IES Indalecio Pérez Tizón participará en dous roteiros literarios. A primeira cita está dirixida aos escolares que cursan 3º da ESO no centro tudense e ten como destino Celanova, unha localidade especialmente vinculada coa literatura ao ser berce de ilustres literatos como Xosé Luís Méndez Ferrín, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel Curros Enríquez. Precisamente este último autor, un dos máximos representantes do Rexurdimento galego no século XIX é o principal obxecto de estudo do alumnado tudense no roteiro, ao ser materia a estudar nos seus programas de estudo. Durante a mañá visitarán a súa casa natal ("Casa dos Poetas") e mais o Mosteiro de San Rosendo, lugar no que tamén terán acceso á capela prerrománica de San Miguel. Dentro das actividades do roteiro tamén participarán nun concerto didáctico de órgano no mesmo mosteiro. Durante a tarde visitarán, entre outras cousas, unha exposición sobre a sega e a localidade de Vilanova dos Infantes. Todas as actividades están coordinadas pola Fundación Curros Enríquez.

Así mesmo, o venres 7 o alumnado de 2º de bacharelato participará no roteiro literario d'A Esmorga, en Ourense. O deseño da ruta foi realizado polos propios alumnos de Literatura Galega dos Séculos XX e XXI. O obxectivo da mesma é coñecer en profundidade non só os espazos da novela, senón tamén os aspectos innovadores d'A Esmorga, que destaca por ser unha das obras máis destacadas da narrativa internacional do século XX. O roteiro combinará pequenas pezas teatrais con xogos e concursos polo que os participantes poderán acceder á novela desde unha perspectiva lúdica e innovadora. A actividade desenvolverase durante en horario de mañá e inclúe os lugares máis sobranceiros da obra que son, tamén, os puntos máis destacados do casco histórico da cidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí