Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui participan en DepoEmprende na ESO

O obxectivo destes tres proxectos é fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento eliminando as barreiras que dificultan a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos

O obxectivo destes tres proxectos é fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento eliminando as barreiras que dificultan a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos

Fecha: 20 de Noviembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Pazo da Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá o acto de entrega dos NIF ás 10 cooperativas dos 8 centros de educación secundaria da provincia seleccionados para participar na actual edición de "DepoEmprende na ESO", na que participan máis dun centenar de mozas e mozos de 8 concellos da provincia. Na presentación dos proxectos, o alumnado participante recibiu o saúdo en vídeo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, no que puxo en valor a cultura emprendedora e destacou a calidade dos traballos. "Cada ano os proxectos son mellores, agradezo o enorme esforzo que estades facendo e a ilusión que estades poñendo. Sen dúbida imos quedar en moi boas mans no futuro inmediato". Amais, Silva fixo especial mención ao profesorado, "sen todas e todos vós non sería posible".

Pola súa banda, o deputado Carlos López Font tamén quixo dar a benvida ao alumnado, "é un orgullo que tanta xente nova estea hoxe aquí co motivo que nos convoca, DepoEmprende, un proxecto que puxemos en marcha con moita ilusión e que pretende que afondedes no emprendemento. Nunha sociedade tan cambiante como a actual, neste S.XXI, a cultura emprendedora debería estar nos plans oficiais educativos, como xa ocorre noutros países", salientou.Font continuou explicando que dende a Deputación "queremos impulsar a parte práctica para que vós sexades as e os protagonistas á hora de desenvolver proxectos. Hai un gran talento na provincia e temos que impulsalo". Por último, tamén tivo unhas palabras para as mestras e mestres, "vós sodes a alma máter da formación das mozas e mozos e formades parte da revolución que se pretende apoiando ao emprendemento".

A xornada continuou coa presentación das cooperativas e, posteriormente, foron entregados os NIF. Para finalizar o acto, as alumnas e alumnos dos institutos participantes puideron facer unha visita guiada polo Pazo Provincial e, no Salón de plenos, "A Saco Circo" ofreceu un espectáculo de acrobacias e malabarismos no que todo o público participou de forma activa.

Máis polo miúdo, o IES Illa de Ons de Bueu presentou a cooperativa "Segredos de Ons"; o IES a Paralaia de Moaña presentou "Mercalaia"; o alumnado do IES de Rodeira de Cangas presentou dúas cooperativas, "Costamar" e "Chocoletes"; o IES Luis Seoane de Pontevedra leva a cabo tamén dúas cooperativas, "Galiae" e "Pontecop"; o IES Illa de San Simón de Redondela presentou "Choquilla"; o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui explicou a cooperativa "Pontesur"; o Instituto Manuel García Ramos da Estrada presentou "ECOAE"; e, por último, o alumnado do IES Plurilingüe Terra de Turonio de Gondomar presentou a cooperativa "Futuronio". Nas cooperativas destacan valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a non discriminación e, amais, as alumnas e alumnos sinalaron que parte dos beneficios recadados cos seus proxectos serán doados a diferentes ONGs.

O proceso para o desenvolvemento das cooperativas comeza coa constitución e continúa coa imaxe corporativa e logotipo, o estudo de mercado, a procura de provedores, a busca de financiación, o deseño de catálogo e produtos, a determinación dos prezos, as canles de distribución, a publicidade, a preparación da venda, o marketing, o mercado final da Deputación e, por último, a análise dos resultados.

Dende que se puxo en marcha "DepoEmprende", no 2016, máis de 2.200 alumnas e alumnos de 41 centros educativos de 21 concellos da provincia participaron nas tres modalidades do programa. Neste eido, esta iniciativa está dividida en "Depoemprende na Escola", proxecto dirixido ao alumnado de educación primaria (5º e 6º curso) e de educación especial,"DepoEmprende na ESO" para mozas e mozos de 4º da ESO, e "DepoEmprende na FP" dirixido a centros que imparten Formación Profesional de Grado Medio ou Superior.

O obxectivo destes tres proxectos é fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento eliminando as barreiras que dificultan a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos, promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica. Ao mesmo tempo, tamén favorece o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, ás expresións culturais, ás matemáticas e ciencias e á alfabetización dixital.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones