Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Andainas polo Camiño Portugués pola Costa na Eurocidade

Os días 30 de setembro e 1 de outubro se realizarán as dúas etapas de Tui e Valença

Os días 30 de setembro e 1 de outubro se realizarán as dúas etapas de Tui e Valença

Fecha: 30 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Esta fin de semana dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade realizaranse dúas andainas, unha o sábado e outra o domingo, polo "Camiño Portugués pola Costa", no seu percorrido polos municipios de Tui e Valença.

A primeira andaina será este sábado, 30 de setembro, para percorrer á inversa a etapa do Porriño a Tui. A saída será ás 09.00 horas en autobus dende o Centro Interfederado de Tui ata a fronteira coa localidade de O Porriño, para percorrer o Camiño de Santiago ata as inmediacións da vella ponte internacional.

Mentres o domingo os camiñantes sairá ás 10.00 horas españolas dende o Centro Interfederado de Tui, para rematar en Vila Nova de Cerveira. Un autobús da organización retornará a Tui a todos os participantes inscritos.

Como nas andainas anteriores, é preciso realizar a inscrición previa, a través do enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe por cada andaina de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos. Os interesados deben inscribirse ata este xoves 28 de setembro. Os interesados pódense inscribir na andaina do sábado, na do domingo ou en ambas.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, "Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables".

Dado que serán as últimas andainas do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, ao remate do percorrido do domingo, 1 de outubro, realizarase o sorteo, entre os que participaron en máis andainas do circuito deste ano, das comidas e ceas para dúas persoas doadas por Tapería La de Manu, Restaurante O Novo Cabalo Furado, Tapas e Viños e Restaurante Esplanada, así como dos lotes de viño doados pola adega Ramón Bilbao.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones