Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÁNGEL BAZ, CANDIDATO DO BNG-AA, PROPÓN O TRASLADO DO MUSEO DO MONTE TREGA AO CENTRO DA GUARDA

A creación de atractivos turísticos fará que a xente visite a vila, non só o monte

O BNG-AA aposta pola planificación, o diálogo co pobo e o traballo constante

Fecha: 06 de Mayo de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

A creación dun punto de atracción turística no centro da vila pode supor o que A Guarda precisa para que boa parte dos milleiros de visitantes que soben ao Tegra paren no centro da Guarda.

"A nosa idea vai moito máis alá de realizar un simple traslado, o Museo do Tegra ten capacidade máis que suficiente para actuar como un polo de atracción no centro da Guarda e formar un gran conxunto turístico-cultural co Museo do mar, a día de hoxe claramente infrautilizado, o Castelo de Santa Cruz, a Muralla da Guarda, as Casas Indianas, ou a riqueza etnográfica do porto e o casco vello" explicou o candidato Ángel Baz sobre esta idea.

É habitual en multitude de zonas turísticas que os espazos museísticos se atopen no centro urbano e o positivo impacto económico que isto supón para o comercio e a hostalaría locais resulta innegable. Na Guarda contamos co máis importante xacemento arqueolóxico do país e é normal que esta riqueza, da que nos sentimos orgullosos, revirta no pobo da Guarda.

Esta é unha das iniciativas que a candidatura do BNG-AA na Guarda con Ángel Baz á cabeza propón para un cambio político cara a transformar o concello da Guarda, un novo xeito de facer política no que a planificación, o diálogo permanente co pobo e o traballo constante serán os seus sinais de identidade.

O programa do BNG-AA amosa a idea dun modelo de concello aberto, habitábel e accesíbel. Un concello dinámico onde a combinación da contorna, a potenciación do patrimonio xunto cunha atractiva oferta comercial, turística e cultural converte á Guarda nunha aposta de futuro xeradora de emprego e benestar.

A posta en valor do monte Trega como atractivo turístico, un plan de tráfico que contemple a distribución axeitada de infraestruturas necesarias para o seu desenvolvemento converterán á Guarda dun concello aberto e accesíbel.

A posta en marcha un plan turístico, un plan de promoción turística no exterior e un plan de comercio local cunha aposta firme pola potenciación de contornas comerciais, como a da praza de abastos, como factor primordial de fomento e creación de emprego.

"Na miña acción de goberno a política social e a política en igualdade van ser fundamentais como apoio as persoas que están sufrindo a crise económica na que nos meteron", comentou Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda.

Para o BNG-AA a cultura e do deporte debe ir ligado a participación cidadá polo que poñeremos en marcha unha axenda cultural estábel e a creación de escolas municipais deportivas, así como a potenciación de eventos deportivos e culturais como atrainte económico para a localidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones