Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ardeu palla e madeira no alpendre de Tomiño afectado por un incendio

As lapas devoraron a palla e a madeira que se almacenaba nun alpendre situado no lugar de Cristelos, en Tomiño, onde onte un bombeiro tivo que ser atendido debido a un golpe de calor e inhalación de fume.

As lapas devoraron a palla e a madeira que se almacenaba nun alpendre situado no lugar de Cristelos, en Tomiño, onde onte un bombeiro tivo que ser atendido debido a un golpe de calor e inhalación de fume.

Fecha: 05 de Agosto de 2018

Fuente: 112 - Galicia

As lapas devoraron a palla e a madeira que se almacenaba nun alpendre situado no lugar de Cristelos, en Tomiño, onde onte un bombeiro tivo que ser atendido debido a un golpe de calor e inhalación de fume. Así o comunicaron ao 112 Galicia os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Baixo Miño que estiveron traballando na extinción do lume ata pasadas as once da noite.

Foi pouco antes das catro da tarde cando un veciño contactaba co 112 Galicia para pedir axuda por mor dun incendio orixinado nunha palleira a carón dunha casa. Ningún ocupante da vivenda resultou afectado, pero si un bombeiro que participaba nas tarefas de extinción e sufriu un golpe de calor. O traballador foi atendido no punto por un equipo médico e, finalmente, non necesitou ser evacuado.

Mentres, os compañeiros continuaban traballando para sufocar o incendio, para o que contaron coa colaboración dos GES da Guarda e Ponteareas, así como cos Bombeiros de Ribadumia. Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo

Deste xeito, preto das once da noite os efectivos de emerxencias deron por extinguido o lume que devorou o interior do alpendre e obrigou aos bombeiros a facer un burato na parede para liberar de carga a estrutura. Pese a intensidade do incendio, o alpendre apenas sufriu danos.

Un bombeiro recibiu asistencia médica mentres trataba de apagar un incendio nunha palleira en Tomiño

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a un bombeiro que resultou afectado polo fume e a calor mentres trataba de sufocar un incendio declarado nunha palleira en Tomiño.

Sucedeu sobre as catro desta tarde, despois de iniciarse un lume nunha palleira na que almacenan alpacas e diversa maquinaria agrícola situada no lugar de Cristelos. Tamén había animais, mais, segundo indicaron os particulares ao 112 Galicia, foron retirados da estrutura, así como as máquinas e outros enseres. Ninguén da casa resultou afectado, pero si un bombeiro que puido sufrir un golpe de calor mentres trataba de apagar as lapas.

Deste xeito, o home recibiu asistencia no mesmo lugar do incendio e non foi necesario o seu traslado. Mentres, os demais compañeiros do parque do Baixo Miño continúan traballando para sufocar as lapas coa colaboración de efectivos do GES da Guarda e Ponteareas e os Bombeiros de Ribadumia. Tamén foron informados os Bombeiros de Vigo e os membros do GES do Val Miñor.

Igualmente, desde o 112 Galicia, pediuse a axuda dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones