Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Areas e Pexegueiro conversan sobre as súas inquedanzas na última mesa de traballo da Axenda Urbana de Tui

O monte como valor, o apoio ás escolas do rural, as conexións seguras a pé e a contaminación acústica e lumínica son algunhas das cuestións que preocupan a Areas e Pexegueiro

O monte como valor, o apoio ás escolas do rural, as conexións seguras a pé e a contaminación acústica e lumínica son algunhas das cuestións que preocupan a Areas e Pexegueiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O equipo da Axenda Urbana pechou os encontros de traballo nestas parroquias coa mesa celebrada en Areas e Pexegueiro. A casa cultural de Pexegueiro foi o escenario dunha das partes máis importantes do proceso de participación da Axenda Urbana, o diálogo coa veciñanza, na que esta mostrou as súas preocupacións sobre contaminación, as escolas rurais ou as conexións seguras.

Asociacións culturais das dúas parroquias e comunidades de montes veciñais en man común volveron a por enriba da mesa a carencia dun servizo público de transporte que os conecte co centro urbano, co resto das parroquias, coa veciña de Valença e co resto das vilas e cidades da área metropolitana de Vigo. Outra das demandas comúns foi a mala conectividade, pero esta vez, de internet e a invasión das ondas telefónicas de Portugal.

Ámbalas dúas parroquias amosaron a súa preocupación pola falta de acceso a pé á zona do centro comercial en Areas e a dificultade de transitar dun xeito seguro tanto para os peóns como para os ciclistas ou mesmo para os usuarios de tractores agrarios facendo especial fincapé en que as novas infraestruturas viarias parten os barrios en dous e dificultan o acceso ás súas propiedades. Tamén trasladaron o seu interese pola creación de camiños escolares seguros e propuxeron a recuperación de camiños tradicionais.

Sen saír desa contorna, as directivas trasladaron os problemas de contaminación acústica pola proximidade da autovía e tamén de contaminación lumínica ao estar preto das gasolineiras.

A legalización das traídas de augas veciñais e a dificultade de tramitar co organismo responsable foi outro dos asuntos que quixeron visibilizar subliñando a importancia de poder tramitar e xestionar coa administración dun xeito máis sinxelo e rápido.

Areas e Pexegueiro salientaron a importancia dos colexios nas parroquias como motor social e solicitaron apoios para ofrecer servizos que faciliten a conciliación familiar e laboral.

Ademais, adiantáronlle ao equipo da Axenda Urbana de Tui un dos proxectos nos que lle gustaría traballar e contar co apoio das administracións para desenvolvelo, unha ruta pedestre circular que poña en valor o patrimonio etnográfico de Areas, Malvas, Pexegueiro e Randufe.

Tamén conversaron sobre a protección do monte, da rede de vixilantes voluntarios cos que contan, do investimento que realizan para coidar do seu monte, do viveiro forestal e avaliaron de xeito positivo a potenciación da biomasa non só como recurso enerxético, tamén como motor económico co aproveitamento da masa forestal da súa contorna.

Achegar a oferta cultural ás parroquias e fomentar o achegamento dos e das residentes no centro urbano ás actividades das parroquias foi outra das cuestións comentadas na mesa de traballo.

A Axenda Urbana de Tui, no seu proceso de participación reuniuse coas directivas das asociacións e colectivos das dez parroquias e da entidade local menor de Pazos de Reis. Este proceso realizou tamén  encontros con todos os voceiros/as dos grupos da Corporación, técnicos municipais e organizacións vencelladas xeográfica e politicamente con Tui.

Co proceso de participación e a diagnose, o concello de Tui continúa a redacción da súa Axenda Urbana, documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí