Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Arrancan as obras de reforma do Mercado de San Antonio en Tui cun investimento de 750.000 euros

As obras inclúen melloras na contorna do mercado, con novas instalacións, alumeado e infraestrutura de carga eléctrica.

As obras inclúen melloras na contorna do mercado, con novas instalacións, alumeado e infraestrutura de carga eléctrica.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Noviembre de 2024

Fuente: Concello de Tui

Este luns, 4 de novembro, iniciaranse en Tui as obras de acondicionamento da contorna do Mercado de San Antonio, unha reforma integral que suporá un investimento de 754.292,10 euros financiado a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A empresa Xestión Ambiental de Contratas SL executará o proxecto, cun prazo previsto de dous meses e medio para a súa finalización.

A actuación céntrase na humanización e mellora das rúas O Pilar e Maristas, co obxectivo de integrar o mercado co seu entorno, tanto en estética coma en funcionalidade. Ademais, renovarase o mobiliario urbano, a sinalización e a iluminación, dándolle un novo aspecto á zona e mellorando os servizos para veciños, comerciantes e visitantes.

O proxecto tamén inclúe importantes melloras como a ordenación do aparcamento traseiro, unha nova dársena para carga e descarga, así como un espazo adaptado para a recollida de residuos. Outro punto destacado será a instalación dunha estación de recarga de vehículos eléctricos, que contribuirá á sostibilidade e modernización da área.

Tamén está prevista a instalación dun graderío cuberto na praza exterior do mercado, pensado para acoller eventos e actividades ao aire libre. Ademais, o mercado contará con taquillas refrixerantes para mellorar a conservación dos produtos á venda, mentres que a praza beneficiará dun alumeado máis eficiente e do soterramento do cableado, garantindo unha contorna máis segura e visualmente atractiva.

Durante a execución das obras, haberá restricións puntuais no tráfico e nos accesos para carga e descarga. Estas limitacións estarán debidamente sinalizadas para minimizar o impacto nas actividades comerciais e facilitar o desprazamento da veciñanza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí