Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arrancan os traballos de demolición da pirotecnia de Baldráns

O xuíz ampliou ata o 15 de xaneiro o prazo para completar a execución da sentenza

O xuíz ampliou ata o 15 de xaneiro o prazo para completar a execución da sentenza

Fecha: 13 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

O mércores día 12 de decembro de 2018 comezaron os traballos de demolición das instalacións da Pirotecnia La Gallega en Baldráns, dando así cumprimento a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.

O inicio dos traballos de demolición tiveron que agardar ata o remate do desaloxo do material explosivo, 2.800 quilos, que aínda había no interior das instalacións e que concluíu na fin de semana por parte dos TEDAX e de Intervención de Armas da Garda Civil.

O concello mentres tanto contaba xa tanto cos informes favorables do ISSGA para a retirada do amianto, que se realizou no día de hoxe, como coa empresa que se encarga da demolición. En concreto se trata de 25 casetas as que teñen que ser demolidas.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, agarda que estes traballos poidan estar rematados antes de que finalice o ano, aínda que nun novo auto o xuíz amplía ata o 15 de xaneiro o prazo para executar a sentenza.

Por outra parte o rexedor quere agradecer o auto do xuíz que atribuía aos TEDAX e a Garda Civil a responsabilidade de realizar o desaloxo das instalacións. Así coma tamén a estes corpos polo traballo realizado.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones