Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Artes marciais e danza, as grandes protagonistas nas XVIII Noites Guardesas do Deporte

O pavillón da Sangriña acolleu na noite do pasado sábado a celebración da décimo oitava edición das Noites Guardesas do Deporte, organizadas polo Centro Domajó en colaboración co Concello da Guarda.

O pavillón da Sangriña acolleu na noite do pasado sábado a celebración da décimo oitava edición das Noites Guardesas do Deporte, organizadas polo Centro Domajó en colaboración co Concello da Guarda.

Fecha: 19 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O pavillón da Sangriña acolleu na noite do pasado sábado a celebración da décimo oitava edición das Noites Guardesas do Deporte, organizadas polo Centro Domajó en colaboración co Concello da Guarda.

O evento de exhibición deportiva amosou ao público as actividades que o centro oferta durante ano e o progreso dos seus alumnos, amais de animar á práctica de taekwondo, "unha arte marcial moi versátil e aínda descoñecida por moitos", engade o director do Centro Domajó, José Fandiño, que dende o pasado ano oferta esta disciplina.

Para dar a coñecer as dististas modalidades de taekwondo, nesta ocasión, as Noites Guardesas do Deporte contaron coa participación dos alumnos e maestros do Club Yidam, un dos máis salientables grupos de exhibición de taekwondo acrobático de España, con sete campionatos nacionais no seu currículo.

Así, os alumnos do club vigués, dirixidos polo mestre José Cid e a entrenadora Sandra Gardini, ofreceron un espectáculo que mesturou as modalidades da arte marcial coreana con outras disciplinas próximas ás artes escénicas, como a danza ou a ximnasia acrobática. A mostra caracterizouse pola espectacularidade e a perfecta coordinación dos seus membros, conseguindo o aplauso unánime dun público impresiosado, que mesmo se ergueu das bancadas como recoñecemento á calidade da exhibición.

Continuando coas artes marciais, o profesor e mestre do Centro Domajó, José Loren, amosou ás máis de cen persoas que conformaban o público a excución de pumses -a esencia da técnica de taekwondo- e os rompimentos espectaculares. O tai-chi tamén tivo cabida nesta noite deportiva, da man do mestre Francisco Tilve, que realizou unha mostra desta arte marcial coreografiada.

Danza moderna e baile de salón
As alumnas de baile moderno do Centro Domajó foron as encargadas de amosar, coas súas difernetes actuacións, esta modalidade de danza que se imparte no club guardés nas categorías infantil (6 a 11 anos) e xuvenil (12 a 19 anos). As nenas e mozas fixeron patente o seu progreso no dominio e expresión corporal, así como na destreza e a técnica que require a danza moderna.

Como colofón á gran noite deportiva, os bailaríns e profesores Jose e Rosy abraiaron coa súa mostra da "bachata de cabaret". A parella, con recoñecemento internacional en campionatos de baile de salón, ofertará a partir de outubro clases na modalidade de baile latino no Club Domajó, segundo anunciou o seu director durante o evento.

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, presidiu esta décimo oitava edición das Noites Guardesas do Deporte e, xunto coa subdirectora do Centro Domajó, Ángela Riveiro, fixo entrega dos trofeos e agasallos conmemorativos aos convidados e participantes que fixeron posible este festival. Así, o director do centro deportivo guardés quixo dedicar un agradecemento especial a súa profesora de danza moderna, Yaiza Barreiro; ao mestre de taekwondo e tai-chi, Francisco Tilve; ao mestre de taekwondo José Loren, e ao mestre e coreógrafo do Club Yidam, José Cid.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones