Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Artesacía estreará o seu espectáculo -Chola a it girl- no Teatro Municipal de Tui

Será o vindeiro venres 20 de outubro ás 21.30h

Será o vindeiro venres 20 de outubro ás 21.30h

Fecha: 20 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Esta mañá na sala de reunión da casa do concello de Tui tivo lugar por parte da Compañía Artesacía a presentación de "Chola a it girl", espectáculo que se estrea o vindeiro 20 de outubro no Teatro Municipal como parte da programación de Outono no Teatro.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, María José González, foron os encargados de acompañar neste acto a Laura Villaverde, artífice deste proxecto que engloba moito máis que teatro.

Tanto Enrique Cabaleiro como María José González coincidiron en resaltar o importante que supón contar con estreas no Teatro de Tui e, sobre todo, en que é un orgullo cando se trata de artistas locais coma Laura Villaverde, natural da parroquia de Guillarei.

Laura Villaverde é o 50% de ArtesaCía e a autora, directora e intérprete dun espectáculo que se presenta arroupado por un blog, unha canle de Youtube e incluso unha liña de moda. O outro 50% represéntao Roi Fernández, responsable da parte audiovisual do proxecto.

Na presentación desta mañá Laura Villaverde introduciu "Chola a it girl" como parte do proxecto cultural "Chola e Lola". Neste espectáculo teatral a protagonista explica o xeito de converterse nunha "It girl rectificada" en 10 sinxelos pasos coa finalidade de darlle repercusión ás vidas imperfectas das mulleres do rural.

Artesacía estrea "Chola a it girl"
Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 20 de outubro de 2017 ás 21.30h
Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 20.00h no despacho de billetes
Prezos: 6€ para o público en xeral e 4,5€ con desconto

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones