Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As axudas con cargo do Fondo de Emerxencia contemplan achegas para enseres domésticos, alimentos, vestiario ou vehículos

Serán aprobadas o luns en Xunta de Goberno Local e o prazo para solicitalas estará aberto ata o 30 de novembro

Serán aprobadas o luns en Xunta de Goberno Local e o prazo para solicitalas estará aberto ata o 30 de novembro

Fecha: 09 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui habilitou un Fondo de Emerxencia dun millón de euros con cargo ao remanente de tesourería, aprobado por unanimidade no pleno do pasado 31 de maio. Con cargo a este Fondo o concello vai conceder unha serie de axudas cuxa finalidade é "dar unha resposta rápida e inmediata ás necesidades das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de carencia urxente, trala explosión de Paramos, para que poidan evolucionar cara á súa autonomía e integración social"

As bases reguladoras para a concesión destas axudas contemplan prestacións de carácter económico para situacións de emerxencia social para os damnificados pola explosión de Paramos. En concreto contémplanse achegas de ata un máximo de 3.200€ para a mellora da habitabilidade da vivenda habitual por destrución ou danos nos enseres domésticos de primeira necesidade afectados pola explosión; até un máximo de 2 mil euros para necesidades básicas de alimentos, vestiario e calzado, gastos sanitarios ou sociosanitarios e até un máximo de 3 mil euros para a adquisición ou aluguer de vehículos ou gastos de desprazamento en transporte público.

Nos criterios de valoración terase en conta os ingresos netos da unidade familiar, recolléndose que cando os ingresos anuais netos non superen o IPREM incrementado nun 100% para unidades familiares dun ou dous membros, no 140% para unidades de 3 ou 4 membros, no 180% para unidade familiares de máis de 4 membros, concederase até o 100% das axudas establecidas, mentres que se se supera en dúas veces e media esas cantidades non haberá dereito a subvención.

Estas bases reguladoras serán aprobadas o próximo luns, 11 de xuño, na Xunta de Goberno Local.

O alcalde amosa a súa disposición a acudir ás asembleas dos afectados
Por outra parte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, amosou aos representantes da Asociación de Afectados Paramos-Guillarei a súa disposición a acudir ás asembleas que celebren con veciños para clarexar as dúbidas que estes poidan ter.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones