Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As Federacións Deportivas denuncian a póuca inversión da Xunta de Galicia no deporte galego

Para o ano 2017 só se destiñan o 0,22% dos orzamentos totais para o deporte galego

Nos últimos 8 anos o deporte galego baixou mais do 50%.

Fecha: 09 de Marzo de 2017

Fuente: Fegapi / Infomiño.com

No día de hoxe celebróuse unha xuntanza en Santiago de Compostela á que acudiron una ampla representación de Federacións Deportivas Galegas para tratar asuntos comúns que lles preocupan.

As federacións denuncian o pouco peso específico que ten o deporte en Galicia nos orzamentos aprobados recentemente polo Parlamento Autonómico. Cun teito histórico de 9063 millóns de euros, o executivo galego só destina 19,2 millóns ao deporte galego, incluidos, entre outros, os 2,8 millóns para a Universidade da Coruña e os 1,89 millóns para a Fundación Deporte Galego. Este porcentaxe do 0,22% é ínfimo e moi por debaixo da relevancia social da práctica deportiva e do impacto económico e saudable do propio sector.

Dase a circunstancia de que Galicia está á cabeza da obesidade infantil en España, o que "non sorprende" aos dirixentes deportivos cando se coñecen os datos dos orzamentos.

Durante os últimos 8 anos os orzamentos do deporte galego pasaron de 41,2 millóns de éuros a 19,2 millóns na actualidade, algo que retrata a triste realidade da actúal situación.

As federacións deportivas galegas, a pesares do teito orzamental de mais de nove mil millóns da Xunta de Galicia, non recuperaron o nivel das subvencións conveniadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e atopánse na actualidade ao 67% da partida respectiva de fai tan só seis anos. Esta grave situación pon en perigro, incluso, o desenvolvemento das función públicas delegadas pola propia administración autonómica ás federacións.

A Xunta de Galicia, a pesares do recoñecemento que fixo á figura da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) o ano pasado na Ley do Deporte de Galicia, non concede ningunha subvención a este organismo, ao contrario que as comunidades autónomas que a teñen recoñecida á similar (Cataluña, Pais Vasco, Andalucía, Madrid, Castella e León... etc). Isto agrava moito mais a situación das federacións deportivas galegas asociadas que atopan nesta figura unha axuda para xestionar temas de interese común e abaratar custos, aparte de supoñer unha ferramenta útil ao propio deporte galego.


As federacións solicitarán ao presidente da Xunta de Galicia e aos diferentes grupos políticos parlamentarios, maior apoio real ao deporte galego. Asemade, pedirán á Secretaría Xeral para o Deporte que faga públicas nos vindeiros días as puntuacións respectivas por apartados dos baremos dos convenios do ano 2017 que inda non se asinaron, provocando un gran retraso e preocupación.

Asemade, supún unha paradoxa que a Xunta de Galicia, a través da Lei do Deporte, obrigue as federacións a aprobar os orzamentos dun exercicio económico, durante o último trimestre do ano anterior, cando a estas alturas da tempada as federacións inda non coñecen as cuantías das subvencións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones