Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS FÉMINAS ROSALEIRAS ACADAN CATRO PODIOS E OS IRMANS CARNERO TAVEIRA OUTROS DOUS EN CAMBADOS

Tarde de éxitos a do sabado para a plantilla do Club Ciclista O Rosal

Tarde de éxitos a do sabado para a plantilla do Club Ciclista O Rosal

Fecha: 14 de Agosto de 2015

Fuente: CC O Rosal





Tarde de éxitos a do sabado para a plantilla do Club Ciclista O Rosal, pois dende Cambados traían para terras “rosaleiras” seis dos pódios en xogo no 47º G.P. do Albariño con mención especial para a nova incorporación Carmen Bello que no seu debut no ciclismo federado nos daba unha grande alegría en forma de pódio.

En Principiantes nos representaban os irmáns Carnero Taveira e aquí chegaban os dous primeiros “caixóns” con Rubén no primeiro posto e David no terceiro.

Outro pódio mais pero éste xa na categoría de Alevíns xa que Laura Teniente voltaba a subir o “caixón” no terceiro lugar mentras que os seus compañeiros masculinos destacaban tamén polas boas prestacións amosadas en especial con Luís Mendez que estivo durante toda a carreira no grupo de cabeza para ceder no esprint final e acadar o 10º posto mentras que Adrián Alonso remataba 22º e David Rodríguez 24º.

En Infantís Iago Alvarez acadaba o 16º posto mentras que en Féminas Irea Villa era 7º e como xa decíamos o início desta crónica, a debutante Carmen Bello mostraba unhas grandes maneiras e facíase cun fantástico segundo posto.

En Cadetes chegaba outro prémio pois María Correa nunca carreira moi disputada facíase co 3º posto en Féminas mentras que Fran Mendez remataba 26º en Masculino.

Remataban os Júnior e Xoel Villa acadaba o 20º lugar seguido de Ero Sobrino no 21º.
Nesta categoría chegaba o derradeiro pódio pero con moitas incidencias pois unha espectacular caida de varios corredores, daba co corpo de Zaida González no asfalto, tendo que ser asistidos polos sevicios médicos da proba. A pesares desta caída Zaida aumentaba a súa colección de trofeos co segundo posto acadado finalmente.   
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones