Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

As instalacións deportivas Álvarez Durán contan con novo céspede artificial de última xeración

unha obra que supón un investimento de 150 mil euros financiados con cargo do Plan Concellos 2015 da Deputación de Pontevedra

unha obra que supón un investimento de 150 mil euros financiados con cargo do Plan Concellos 2015 da Deputación de Pontevedra

Fecha: 23 de Enero de 2017

Fuente: Concello de Tui

Estes días remata nas instalacións deportivas Álvarez Durán a instalación dun novo céspede artificial de última xeración, unha obra que supón un investimento de 150 mil euros financiados con cargo do Plan Concellos 2015 da Deputación de Pontevedra.

O gran uso do anterior céspede instalado hai 9 anos, xunto o deterioro natural do tapiz, aconsellaron a súa reposición. As obras consistiron no barrido e aspirado con medios mecánicos do terreo, levantamento do firme existente - parte do cal poderá reutilizarse noutras instalacións municipais - e revisión e reparación das rexillas e drenaxes, e da base asfáltica.

O seguinte paso foi a instalación do novo céspede de última xeración de monofilamento, con alta densidade, cunha sección de fibra en S que permite un inmediato retorno das fibras en posición vertical durante e despois do uso. Outras das súas características son a resistencia aos raio UV, ao frío, non é abrasivo, ten unha óptima durabilidade e conta con buracos de drenaxe e acabado na parte traseira en látex imputrescible. Unha vez completado este proceso será cortado o céspede e incrustadas as liñas de xogo, rematando co seu lastrado.

A obra estará rematada nuns días polo que o Tyde F.C. volverá contar con campo nunhas condicións óptimas para a práctica deportiva.

Previamente tamén co financiamento do Plan Concellos, cun investimento superior aos 70 mil euros, levouse a cabo a reparación e execución dun muro de contención para solucionar os problemas de desprendementos que existían nunha zona de talud e foi substituído o saneamento nesa zona por un novo.

Lembramos que nas mesmas instalacións municipais por parte de operarios municipais e dunha empresa especializada estase a revisar a rede de saneamento impermeabilizando a tubaxe e eliminando os entullos e materiais que existían no interior e impedían o seu correcto funcionamento.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí